spot_img
InicioPontevedra e ÁreaPontevedra acolle a segunda competición da liga infantil de piragüismo

Pontevedra acolle a segunda competición da liga infantil de piragüismo

SALIDA INFANTILES

O vindeiro sábado 23 de Abril celébrase en augas do río Lérez a segunda competición da liga Galega Infantil. O percorrido da mesma realizarase nas inmediacións da ponte dos tirantes, concretamente a saída será xunto o pantalán que dispón o CGTD nesa zona, todos os participantes terán que realizar dúas voltas a un circuíto de 3000 metros.

A regata contará coa presenza de 300 padeeiros pertencentes a 36 clubs de toda a comunidade. Os principais favoritos á vitoria final acoden á cita o maior número posible de competidores, así mesmo o Club Náutico Pontecesures vencedor a vez anterior nas dúas categorías, despraza a 30 nenos, o seu principal rival o C.E.P. Cidade de Pontevedra participará con 31, os seguintes en número serán o Piragüismos Rías Baixas e o Club As Torres con 18, todos eles loitarán polas distintas prazas no podio.

Esta carreira servirá a todos os clubs como test para saber o momento en que se atopan os seus pupilos para a primeira cita do calendario nacional que será dentro de 15 días na cidade andaluza de Sevilla, concretamente no centro e alto de rendemento da cartuxa, alí competirán sobre unha distancia de 3000 metros nas embarcacións individuais.

- Publicidade -spot_img