spot_img
InicioVigo e áreaSoutomaiorMáis de 500 persoas participaron nos actos de celebración da XI Semana...

Máis de 500 persoas participaron nos actos de celebración da XI Semana do Libro de Soutomaior

Cartel Poesia para bebés-SotomaiorA Biblioteca Municipal Lúis Seoane de Sotomaior acolle a máis de 500 persoas nos seus actos de celebración da XI Semana do Libro

Catro días de celebración son os que a Biblioteca Municipal Luís Seoane de Soutomaior dedica este mes de abril á XI Semana do Libro. Uns festexos impulsados pola Concellería de Cultura, que crecen en importancia ano tras ano reunindo a pais e fillos procedentes de toda a comarca, e que este ano consistiron en sesións de contacontos infantís, un recital poético e obras de teatro, todos eles destinados a fomentar o interese pola lectura entre os máis de 500 participantes deste ano.

O pasado día 5 inaugurouse esta celebración coa representación da obra de teatro infantil ‘Petiscos musicais’, a cargo da compañía Vos tres tenedores. Un espectáculo para nenos de 3 a 5 anos e no que participaron máis de 250 alumnos de diferentes centros escolares do municipio.

A gran participación da primeira xornada continuou dous días máis tarde de man de Paco Nogueiras e o seu contacontos musical ‘BrincaVai’. Unha combinación de ritmos e cancións baseadas nas diferentes celebracións do ano que fixo rir e reflexionar aos case 120 nenos que participaron nesta xornada.

O xoves 14 de abril foi a quenda dos maiores. Para eles estaba programado o IX Recital Poético, que este ano conmemoraba a figura de Federico García Lorca no 80 aniversario do seu falecemento. Unha celebración na que os máis de 30 asistentes gozaron de varias pezas musicais acompañadas de poemas tan reconocibles como ‘Romance da lúa, lúa’, ‘Romance sonámbulo’ ou ‘Feira de abril en Xerez’.
Esta exitosa programación de celebracións demostrou unha vez máis o compromiso do Concello de Soutomaior coa cultura e a educación. Un aposta que aumenta con cada edición grazas á boa acollida e ao apoio mostrado polos veciños, o que nesta ocasión traduciuse en novos socios para a Biblioteca Municipal Luís Seoane, reafirmando a importancia e bo facer deste centro para todo o conxunto da sociedade de Soutomaior.

As actividades programadas dentro desta XI Semana do Libro finalizarán ao grande a próxima semana, martes 26 ás 11:00 horas, coa representación do espectáculo ‘Chíos’, da Compañía Teatro dá Semente. Trátase dunha das poucas especializadas en teatro sensorial para bebés e nenos menores de 3 anos, polo que o público serán os máis de 100 nenos de 2 e 3 anos das escolas Galiña Azul e Apóstolo Santiago e as Ludotecas Buxaina e Miúdos.

Durante o mes de maio, mesdás letras, a biblioteca municipal organizará diferente actividades para promocionar a vida e obra de Manuel María, protagonista do Día dás letras galegas 2016.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.