spot_img
InicioAlto MinhoA Eurocidade acollerá a segunda xornada do V International Administrative and Teaching...

A Eurocidade acollerá a segunda xornada do V International Administrative and Teaching Staff Training Week organizada pola Universidade de Vigo

a-eurocidade-acollera-a-segunda-xornada-do-v-international-administrative-and-teaching-staff-training-week-organizada-pola-universidade-de-vigo

A Eurocidade Tui-Valença acollerá o próximo martes, 26 de abril, a 50 profesionais de 40 institucións de ensino superior pertencentes a 15 países europeos.  Será na segunda xornada da V International Administrative and Teaching Staff Training Week  organizada pola Universidade de Vigo.

Esta presenza en Tui foi presentada na casa do concello de Tui polo o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro da Eurocidade, Miguel A. Capón, o vereador de Cultura de Valença, José Monte, o vicereitor de Extensión Universitaria e Relacións Internacionais da Universidade de Vigo, Manuel Fernández Iglesias, o director da Área de Emprego e Emprendemento da Universidade de Vigo, Alejandro Martínez, e a coordinadora do Eures Transfronteirizo, Teresa Ventín. No acto tamén estiveron presentes outros membros do goberno municipal tudense.

Este ano o emprego é o eixo temático desta semana que celebrará entre o luns 25 e o venres 29 abordando un total de catro paneis centrados en temas coma o emprendimento, a intermediación laboral ou as prácticas externas.  Segundo expuxo na presentación o vicereitor de Extensión Universitaria e Relacións Internacionais da Universidade de Vigo, Manuel Fernández Iglesias, dende a universidade apostaron por plasmar neste evento o feito de estar situados nunha rexión transfronteiriza, motivo tamén polo que decidiron achegarse ata a Eurocidade Tui-Valença para que os participantes puideran coñecer esta realidade.

Será o martes a partir das 16.30h, segundo explicou director da Área de Emprego e Emprendemento da Universidade de Vigo, Alejandro Martínez, cando estes expertos universitarios realicen en primeiro lugar unha visita guiada a Valença, e posteriormente se despracen ata Tui para coñecer tamén os seus atractivos turísticos. Ás 18.30h está prevista no salón de sesións da casa do concello unha ponencia a cargo de Sonia Trancoso do Instituto de Emprego e Formaçao Proffisional de Portugal sobre o Eures Transfronteirizo. Finalmente celebrarán en Tui a cea gala da xornada.

Precisamente a directora do Eures Tranfronteirizo Galicia-Norte de Portugal, Teresa Ventín, avanzou na presentación que o obxectivo é achegar aos participantes nesta Semana o espazo común no eido do traballo creado por Galicia e o Norte de Portugal, presentando o labor que se realiza dende o seu departamento e expondo o caso dos traballadores transfronteirizos que traballan nunha beira do Miño e viven na outra.

O vereador de Cultura de Valença, José Monte, sinalou que a Eurocidade é un exemplo de cooperación transfronteiriza en Europa, amosando a disposición das dúas cidades, tanto de Valença coma de Tui, para acoller este tipo de iniciativas.

Por último o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, agradeceu á Universidade de Vigo a elección da Eurocidade para a celebración deste evento o martes pola tarde. Nese senso apuntou coma a Eurocidade avanza de xeito positivo para converterse nun instrumento a disposición dos cidadáns, e un instrumento para levar a cabo actuacións no marco transfronteirizo.  Lembrou precisamente xa coma hai unhas semanas a Eurocidade acollía un evento sobre o programa Eramus+ con participación de España e Portugal.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.