Inicio O Condado Ponteareas ultima o VIII Premio de Investigación Fermín Bouza Brey

Ponteareas ultima o VIII Premio de Investigación Fermín Bouza Brey

Ponteareas ultima o VIII Premio de Investigación Fermín Bouza BreyEstá aberto a proxectos de investigación científica nos campos da historia, arte, arqueoloxía, etnografía, literatura ou ciencias sociais relacionados con Ponteareas

O Concello de Ponteareas convoca o VIII Premio de Investigación Fermín Bouza Brey que, nestes días, será publicado no Boletín Oficial da Provincia (BOP). O Concello quere lembrar con este premio o nacemento, na vila do Tea, do ilustre polígrafo e poeta Fermín Bouza Brey. A data de comezo do prazo de presentación dos traballos está condicionada á publicación no BOP. As e os interesados contarán cun prazo de tres meses que empezarán a computar despois da súa publicación no BOP.

Lois Ladra foi o  gañador da anterior edición co seu traballo ““A lamprea nas terras do Condado: Aspectos etnolóxicos da pesca fluvial e artesanal e do patrimonio fluvial o río Tea”.

O premio, dotado con 3.000€,  permite promover a investigación científica sobre Ponteareas e a comarca do Condado, co que iso supón de afondamento na identidade cultural de Galicia. Este premio, está aberto aos proxectos de investigación científica nos campos da historia, arte, arqueoloxía, etnografía, literatura ou ciencias sociais, que terán que ter, obrigatoriamente, como referente o municipio de Ponteareas e complementariamente, a comarca do Condado.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies