spot_img
InicioAs COUSAS DE CastelaoPonteareas homenaxea ao mestre Castelao  

Ponteareas homenaxea ao mestre Castelao  

Ponteareas homenaxea ao mestre Castelao  A concellería de Cultura do Concello de Ponteareas en colaboración con BANASTRA organiza distintas actividades con motivo do aniversario de Alfonso Rodríguez Castelao

A concellería de Cultura, que dirixe Fernando Groba, convida a participar na homenaxe ao noso escritor e pensador Alfonso Manuel Daniel Rodríguez Castelao que terá lugar o 29  e 31 de xaneiro.

En colaboración con BANASTRA, centro comercial aberto, o concello organiza distintas actividades que ensalcen a figura de Castelao.

Ás 19:30 horas do mércores 29 Casa Ferreira acollerá a inauguración da exposición de láminas que percorrerá distintos locais comerciais e da hostalaría da vila até o 29 de febreiro. Toda a clientela destes locais participará no sorteo de agasallos. (Invernalia, JJ copas, Goya, Castelao, Enredos, Centro Social, Recreativo Paseo Matutino, Balú, Plaza, Blu bar, Francos, Ferreira, Estudio Floral Lucía, Las Chuches de Candela, Zapatería Castro, Barriguiñas, La Bótica, Calceta, Fogariño, Perfumería Blanco, Oriente,15, Foto Souto, Bazar Romero, Lencería Zoe, Hipercalzado, Peluquería Estrada, Mercería Alpi, Somerland, Angela Silva fotógrafo, Charcos, Mariquita Mimosa, Escondite de Montse, Adn Vaqueros, Dándara, Elena Pérez, Mocasines, Énchet, el rincón del perfumista, D’ana modas, Zapaterías Cloos, Querubín, Librería Papiros, Mis niños, Silvia Costal)

O 31 de xaneiro ás 17:30 horas Pepe Carreiro impartirá un obradoiro de ilustración no museo municipal para o que as interesadas e os interesados deberán inscribirse no correo electrónico bibliotecamuseo@ponteareas.es xa que as prazas son limitadas. A ofrenda floral na avenida ponteareán que leva o nome do noso ilustre escritor será ás 18 horas.

- Publicidade -spot_img