Inicio Galicia Máis de 60 carteis de 17 países presentáronse ao concurso de Cartelismo...

Máis de 60 carteis de 17 países presentáronse ao concurso de Cartelismo Terras Gauda – Turismo de Galicia

Máis de 60 carteis de 17 países presentáronse ao concurso de Cartelismo Terras Gauda – Turismo de GaliciaOs premiados, que achegaron obras para promocionar as xornadas das Rutas dos Viños, son Jesús Barbeito e Álvaro Ortiz, autores do deseño para promover a novena e décima edición desta iniciativa impulsada pola Xunta

O concurso levado a cabo no marco da Bienal Internacional de Cartelismo Terras Gauda – Francisco Mantecón para deseñar a imaxe das Xornadas de Portas Abertas das Rutas do Viño que impulsan a Xunta de Galicia e as Rutas do Viño xa ten gañadores.

Jesús Barbeito e Álvaro Ortiz son os vencedores entre un total de 61 propostas de 36 deseñadores de 17 países tan diversos como Indonesia, Estados Unidos, Francia, Brasil, Bulgaria, Polonia e Rusia, así como de diferentes puntos de España.

Así, a imaxe das vindeiras xornadas, as novenas, é obra de Jesús Barbeito Rivas (Madrid) e a da edición do ano 2021, as décimas, corresponde a Álvaro Ismael Ortiz Albero, de Zaragoza.

O concurso é froito da colaboración entre Bodegas Terras Gauda e a Consellería de Cultura e Turismo para deseñar a imaxe publicitaria da iniciativa desenvolvida por Turismo de Galicia en colaboración coas Asociacións das Rutas dos Viños galegas: Monterrei, O Ribeiro, Rías Baixas, Ribeira Sacra e Valdeorras. O obxectivo é contribuír ao desenvolvemento turístico das cinco zonas vitivinícolas galegas.

O certame estaba dirixido aos finalistas e premiados da Bienal Internacional de Cartelismo Terras Gauda – Concurso Francisco Mantecón, que no 2019 alcanzou a súa 14º edición, erixido como o certame de deseño gráfico máis relevante convocado por unha entidade privada a nivel internacional. Desde o 2001, participaron máis de 18.000 carteis chegados desde 100 países de todo o mundo.

O xurado do concurso, presidido pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, estivo formado polo deseñador gráfico Javier Jaén; Diego Areso, director de Arte de El País, e Santiago Bacariza, xefe da Área de Produto de Turismo de Galicia.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies