Inicio Baixo Miño A espectacular ‘Subida do Artístico Arco de Tabagón’ inicio da Festa da...

A espectacular ‘Subida do Artístico Arco de Tabagón’ inicio da Festa da Saúde e San Brais no Rosal

A espectacular ‘Subida do Artístico Arco de Tabagón’ inicio da Festa da Saúde e San Brais no RosalSan Xoán de Tabagón celebrará esta festa do 31 de xaneiro ao 2 de febreiro 

A espectacular ‘Subida do Artístico Arco de Tabagón’ dará esta fin de semana o pistoletazo de saída aos tres días de actividades, música e tradicións da Festa da Saúde e San Brais. Do 31 de xaneiro ao 2 de febreiro, San Xoán de Tabagón será o epicentro da festa, que comezará xa o venres cunha gran tirada de fogo graneado (13.00 h) e coa Treboada Virxe do Alivio (16.00 h).

Será  o preludio dun dos pratos fortes da festa: a subida do Arco (18.00 h). Veciñas e veciños reuniranse arredor deste ‘maio’ para izar entre un arco duns 14 metros de altura cunha estrutura de madeira que cada ano estrea deseño e incorpora novidades. Camelias, flores de mimosas,  ramas de buxo, vimbios, laranxas e outras plantas decorarán un arco único en toda a provincia de Pontevedra que anuncia o inicio dunhas festas cunha profunda tradición. O resultado é un belo e artístico arco triunfal multicolor que se manterá en pé ata o domingo de Entroido e que representa a defensa da cultura, sensibilidade artística, traballo en equipo e unión e sacrificio polo ben do barrio. Tras esta tradicional subida haberá animado ambiente tradicional e, a partir das 22 h, animación musical co grupo D’Líder.

A fin de semana continuará coa seguinte programación:

SÁBADO 1 DE FEBREIRO

  • 00, 11.00 e 12.00 h. Actos litúrxicos.
  • 00 h. Entrada do grupo de treboada, gaitas e baile Virxe do Alivio.
  • 00 h. Actuación das orquestras Fania Blanco Show e Trío Azar.

DOMINGO 2 DE FEBREIRO

  • Ao amencer. Gran tirada de bombas de palenque.
  • Pola mañá. Actos litúrxicos e procesión.
  • 00 h. Entrada da Banda de Música da Agrupación Musical do Rosal.
  • Pola tarde. Inchables para nenos, chocolatada de balde para todas as persoas e concerto da Banda de Música da Agrupación Musical do Rosal.
  • Fin de festa con gran tirada de bombas.
- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies