spot_img
InicioVal MiñorBaionaPoio recupera o Día de Colón, que se celebrará o 20 e...

Poio recupera o Día de Colón, que se celebrará o 20 e 21 de outubro

poio-recupera-o-dia-de-colon-que-se-celebrara-o-20-e-21-de-outubroO Concello de Poio recupera este ano a celebración do Día de Colón, que chega á súa décima edición tras cinco anos sen organizarse. Deste xeito, a festa medieval, que defende a teoría da ascendencia galega do navegante, desenvolverase o venres 20 e sábado 21 de outubro en Combarro, en colaboración coas asociacións Combrus, Laretas e Vides Novas.

Revista Cousas De Nº19

Como edicións anteriores, a programación incluirá artesáns, tiro con arco, obras teatralizadas e música itinerantes, entre outras propostas que se darán a coñecer nos vindeiros días, e a organización manterá reunións de coordinación cos diferentes establecementos. Tamén os locais crearán os seus propios menús medievais.

Segundo explica o alcalde, Ángel Moldes, “o obxectivo desta festa, ademais de que contribúa ao desenvolvemento socioeconómico do municipio, tamén favorecerá a desestacionalización, atraer visitantes e incentivar o consumo fóra da tempada de verán”. De igual modo, con esta celebración tamén se seguirá “reivindicando a figura do Colón galego, do Colón de Portosanto, en definitiva do Colón de Poio. Como todo o mundo recoñece, esta festa serviu para afianzar a relación da figura do navegante con Poio e dar visibilidade ao propio museo”.

Os actos do Día de Colón presentaronse tamén en Baiona, concello ao que arribou a carabela Pinta coa noticia do descubrimento de América. O que busca o novo Goberno, sinala, é establecer futuras colaboracións e irmanamento entre os dous concellos para seguir divulgando e poñendo en valor a figura do Colón de Poio, accións que servirán tamén para promocionar esta festa medieval.

 

O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña, puxo ao dispor do Concello de Baiona o Museo Flotante da Carabela Pinta para acoller este acto de presentación mostrando así o seu apoio a a celebración deste singular día e reivindicando a orixe galega, de Poio, de Colón.

poio-recupera-o-dia-de-colon-que-se-celebrara-o-20-e-21-de-outubro

- Publicidade -spot_img