Por terceiro ano consecutivo, o Concello de Redondela enorgullécese en anunciar a convocatoria do III Premio Sesé Mateo de Xornalismo Ético no tratamento da violencia machista. Este certame ten como obxectivo recoñecer e destacar o traballo dos profesionais do xornalismo que aborden de maneira ética e respectuosa os temas relacionados coa violencia de machista, protexendo a intimidade das vítimas e as súas familias.
Nun acto celebrado na Casa do Concello de Redondela, a alcaldesa Digna Rivas, xunto con Joshua Mateo, fillo de Sesé Mateo, e a concelleiro de Igualdade, Iria Vilaboa, presentaron esta terceira edición do premio. Nas súas palabras, a alcaldesa reafirmou o compromiso do Goberno local “na loita pola erradicación da secuela que supón a violencia machista en todas as súas manifestacións”. Rivas destacou que estes premios non só recoñecen o esforzo e o compromiso dos e as profesionais do xornalismo que contribúen a combater a violencia de xénero, senón que tamén serven como un “permanente recordatorio ás vítimas”, segundo a alcaldesa Redondela, sempre estivo comprometida coa igualdade e a loita contra a violencia machista, e continúa liderando esta importante fronte.
Bases do Premio Sesé Mateo de Xornalismo Ético no tratamento da violencia machista.
A terceira edición do Premio Sesé Mateo de Xornalismo Ético no tratamento da violencia machista, dotado con 1.500 euros en efectivo, está aberto traballos de calquera xénero xornalístico (noticias, artigos de opinión, reportaxes etc.)/ etc.) sen límite de extensión e que fosen publicados, en medios en papel ou dixitais, ou emitidos en medios de comunicación radiofónicos ou audiovisuais, entre o 1 de setembro de 2022 e o 31 de agosto de 2023, e deben ser presentados antes do 3 de novembro de 2023.
Os traballos teñen que presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Redondela en horario do Rexistro de Entrada (09:00 a 14:00 horas), ou nos lugares que sinala o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, entre os cales se atopa a Sede electrónica do Concello de Redondela. Para os traballos presentados por xornais, radios ou televisións, en caso de resultar premiados, a persoa autora do traballo será a beneficiaria do premio. No caso de existir dúbidas sobre o procedemento deberase dirixir á dirección electrónica: igualdade@redondela.gal
En calquera fase do procedemento anterior á proposta de resolución poderáselle requirir á persoa ou á entidade participante que achegue información e documentación complementaria que se considere conveniente para a correcta valoración da solicitude presentada.
Permítese a presentación dun só traballo por persoa. Se un traballo é presentado tanto polo seu autor/a como por unha entidade, darase preferencia á candidatura do autor en virtude da Lei de Propiedade Intelectual (RDL 1/1996, do 12 de abril).
Valórase positivamente a presentación de traballos en lingua galega, dada a súa minoría no ámbito xornalístico e o compromiso de Redondela na promoción desta lingua.
A terceira edición deste premio reafirma o compromiso de Redondela co xornalismo ético e a loita contra a violencia machista, alentando a xornalistas e medios de comunicación a contribuír a unha sociedade máis xusta e equitativa.