spot_img
InicioBaixo MiñoO Piragüismo Penedo gaña a IX Taça Ibérica de Slalom

O Piragüismo Penedo gaña a IX Taça Ibérica de Slalom

O Piragüismo Penedo faise coa vitoria na primeira competición do ano para o slalom galego.
Esta fin de semana celebrouse a XI Taça Ibérica de Slalom Olímpico no río Coura ao seu paso pola localidade portuguesa de Covas, Vilanova de Cerveira. A proba, primeira da tempada, estivo organizada polo Club Deportivo Miño Os Teixugos e é valedoira para a liga Internacional do Noroeste Ibérico, na que participan clubs galegos e portugueses.
A competición servía aos deportistas portugueses como selectivo nacional, este feito fixo que os peches de control fosen moi esixentes para todos os deportistas, ao atoparse en competición os mellores do país veciño.
Ao termo das dúas xornadas de competición, a vitoria na xeral levoulla o club Piragüismo Penedo con 315 puntos, a segunda posición foi para o conxunto portugués de Augas Bravas de Amarante con 219 puntos, o terceiro posto, do mesmo xeito que o ano pasado conseguiuno o Club Tea Mondariz que sumou 163 puntos.
Ademais esta competición entra dentro do calendario da liga Galega de Slalom 2018, na que o Club Piragüismo Penedo ocupou a 1ª posición, por diante do Club Tea de Mondariz-Balneario e do Club Deportivo Miño Os Teixugos, de Goián.
O vindeiro domingo día catro de febreiro celebrarase a segunda competición da liga Galega no Lugar de Cordeiro de Salvaterra de Miño.
- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.