Esta é unha iniciativa da Fundación Menela, que forma parte do Teu Xacobeo, programa impulsado pola Xunta de Galicia a que conta co apoio do Concello de Nigrán.
A Fundación Menela, a Xunta de Galicia e o Concello de Nigrán presentaron hoxe en rolda de prensa, o «Proxecto Xacobeo Autismo. Un camiño de todos», a través do cal, 20 persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA), usuarias do Centro de Día e Residencial Castro Navás (Priegue-Nigrán) da Fundación Menela e acompañadas por 10 voluntarios, realizarán en 7 etapas un tramo do Camiño Portugués da Costa.
O acto contou coa presenza do director xeral da Fundación Menela, Cipriano Luís Jiménez, do alcalde de Nigrán, Juan González, do director Xeral de Políticas Culturáis, Anxo Lorenzo e da Directora do centro de Día e residencial, Pilar Pardo.
O Teu Xacobeo, trátase dunha acción coordinada pola Fundación Menela, a través da cal persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA) poderán realizar sete etapas do Camiño Portugués da costa. As etapas se realizarán entre o 17 de setembro e 11 de outubro.
As etapas de Xacobeo Autismo arrancarán no municipio da Guarda ata Portocelo (O Rosal), continuarán polo municipio de Oia, Mougás (Oia), Cabo Silleiro, Baiona, A Ramallosa e rematarán en Nigrán o día 11 de outubro. No final de cada unha das etapas, establecerase un punto informativo sobre o Trastorno do Espectro Autista e sobre os servizos, programas e axudas que existen para mellorar a vida destas persoas e as súas familias.
“Nos creemos que o básico deste proxecto é a diversidade, entendendoa como que o mundo e diverso, a natureza é diversa, os seres humanos somos diversos e a discapacidade, neste caso o autismo forma parte desa diversidade” subliñou o director Xeral da Fundación Menela.
O proxecto invitará en cada unha das etapas a centros educativos e colectivos sociais dos concellos polos que pasarán os peregrinos a sumarse á iniciativa. A Fundación Menela establecerá ao final de cada etapa un punto informativo sobre o Trastorno do Espectro do Autismo e sobre os servizos e programas cos que conta a Fundación para mellorar a calidade de vida das persoas con TEA, as súas familias e os profesionais que traballan con eles en diferentes ámbitos.
ACCESIBILIDADE COGNITIVA
Durante a realización do Camiño Portugués da Costa, as persoas con TEA e os profesionais que os acompañan realizarán unha revisión da sinalización de espazos, percorridos, información ao peregrino, etc., que faciliten a identificación e realización do Camiño. O resultado deste traballo exporase nos concellos da Guarda, Baiona e Nigrán, nun acto aberto a sociedade en xeral, no que ademáis da proposta do plan de sinalización, informarase de importancia da accesibilidade cognitiva para as persoas con autismo e outras discapacidades.
O PROGRAMA. O Teu Xacobeo
O teu Xacobeo programa máis de 350 proxectos vinculados ao Camiño de Santiago que fomentan aspectos sociais, culturais, deportivos, patrimoniais e gastronómicos. Máis dun centenar de concellos acollen as accións programadas. Esta convocatoria de proxectos ten como fin implicar á sociedade no impulso e programación do vindeiro Ano Santo, así como a súa descentralización por todo o territorio. A convocatoria de axudas espertou un grande interese por parte dos galegos de xeito que a Xunta recibiu 652 solicitudes. Dado o éxito da proposta, o Goberno autonómico decidiu aumentar os 2 millóns de euros iniciais a un total de 4,7.