Inicio Pontevedra O Campionato Galego celebrado en Vigo pechou a tempada de kaiak de...

O Campionato Galego celebrado en Vigo pechou a tempada de kaiak de mar

O Campionato Galego celebrado en vigo pechou a tempada de kaiak de marO pasado sábado celebrouse en Vigo o Campionato Galego de Kaiak de Mar no que participaron 16 equipos e máis de 150 deportistas. Esta competición, ademais denominábase Trofeo Concello de Vigo e abría a Semana Abanca 2019 que se celebraba no magnífico campo de regatas da ETEA.

A clasificación xeral do trofeo tivo como gañador ao Club Piragüismo Cambados (1897 puntos), mentres que a segunda posición sería para o Club Piragüismo Olívico (1580 puntos) e o terceiro posto levoulla o Club Kaiak Vigo (1181 puntos)

O equipo de cambadés repetiría triunfo na xeral masculina, seguido polo Piragüismo Olívico, terceiro foi o Club de Mar Ría de Aldán. A clasificación feminina o vencedor foi o Piragüismo Olívico, o segundo posto foi para Piragüismo Cambados e terceiro Piragüismo Illa de Arousa. Por último o Cabanas KDM fíxose co triunfo na clasificación Mixta, por diante de Kaiak Vigo e Náutico Cobres.

Ademais, tivo lugar o campionato galego para a categoría infantil no que o título de campión levoullo o Kaiak Vigo, o segundo posto era para o Deportnautic Arousa e o terceiro para Piragüismo Narón. Unha vez disputas todas as competicións da liga galega de kaiak de mar, o Piragüismo Cambados ocupa a primeira posición na táboa clasificatoria de liga masculina con 347 puntos, Piragüismo Olívico con 338 puntos é segundo e terceiro o Ría de Aldán con 313 puntos. Pola súa banda o Piragüismo Olívico é o primeiro clasificado da liga feminina con 342 puntos, por diante de Piragüismo Cambados con 333 e Kaiak Vigo con 325 puntos. Para finalizar, o Club Kaiak Vigo proclámase vencedor na nova modalidade mixta, o segundo e terceiro lugar lévanllo o Cabanas KDM e os Náutico Cobres

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

693FansGóstame
311SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies