spot_img
InicioVigo e áreaPazos de BorbénPazos de Borbén presentou a campaña "A igualdade suma", unha iniciativa de...

Pazos de Borbén presentou a campaña “A igualdade suma”, unha iniciativa de sensibilización sobre a violencia de xénero

Pazos de Borbén presentou a campaña A igualdade suma, unha iniciativa de sensibilización sobre a violencia de xéneroA iniciativa chegará a toda a poboación do municipio a través de obradoiros e varias actuacións en centros escolares e empresas locais

O Concello de Pazos de Borbén presentou esta mañá a súa campaña de sensibilización e fomento da igualdade de xénero “A Igualdade Suma”. Unha iniciativa dirixida a todos os segmentos da poboación municipal e que se prolongará durante os dous próximos meses coincidindo cos actos programados polo 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

A iniciativa comprende tres tipos fundamentais de actuacións para chegar a todos os veciños do municipio. En primeiro lugar, está o “Localizador de igualdade”, un proxecto que levará varios photocall por distintos lugares do municipio para que os veciños poidan facerse as súas propias fotos apoiando a iniciativa. Os photocall colocaranse en empresas, centros sociais e puntos de encontro de todo o municipio para chegar ao máximo de veciños. Todos os participantes recibirán un pequeno premio en agradecemento á súa colaboración.

O 11 de novembro realizarase unha exposición colaborativa coas fotografías de todos os participantes. Como medida de protección ante a Covid, todas as instantáneas imprimiranse en lonas grandes para facilitar a súa desinfección regular e o seu traslado.

En segundo lugar está o proxecto “Os amores non matan”. Unha serie de obradoiros de fomento de igualdade e prevención sobre a violencia de xénero no que participarán os alumnos de 3º e 4º da ISO do CPI Curros Enríquez. Os obradoiros inclúen a realización de varios vídeos que se estrearán durante os actos conmemorativos do 25N.

Para rematar, e como principal novidade, está o proxecto “Non imos calar”. Destinado a previr os abusos sexuais en mulleres con diversidade funcional, a iniciativa comprende unha serie de talleres adaptados dirixidos aos usuarios, e a súa contorna, do centro de día de ASPAVI. Dada a situación sanitaria e o réxime de “grupo burbulla” que teñen os usuarios do centro, estes talleres realizaranse a través de internet e tamén contarán cun resumo audiovisual da iniciativa como o realizado polos alumnos do Curros Enríquez.

Neste sentido, o alcalde de Pazos de Borbén, Andrés Iglesias, comentou que “tamén é necesario traballar tamén a integración en igualdade para facer fronte ao machismo en todos os ámbitos”, recalcando que se trata da primeira iniciativa de sensibilización que conta cun programa adaptado a mulleres con diferentes tipos de diversidade funcional.

Para rematar, a edil de Servizos Sociais, Eloisa Nogueira, explicou que a iniciativa conta co apoio dunha gran cantidade de axentes sociais e empresas do municipio “aos que quero agradecer a súa colaboración e o seu traballo facendo esta campaña máis grande e beneficiosa para todos”.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.