spot_img
InicioO MorrazoMarínA Biblioteca Municipal Vidal Pazos de Marín acollerá un concerto literario para...

A Biblioteca Municipal Vidal Pazos de Marín acollerá un concerto literario para descubrir a obra de Calero e Fraguas

A Biblioteca Municipal Vidal Pazos de Marín acollerá un concerto literario para descubrir a obra de Calero e FraguasA Biblioteca Municipal Vidal Pazos acollerá este sábado 3 de outubro ás 12,00 horas no salón de actos a actividade musical “Carvalho Calero e Antonio Fraguas: Cantando as nosas letras”, dirixido a todo tipo de público, a partir de nenos e nenas de 5 anos.

Esta actividade, enmarcada no programa “Ler conta moito” estará protagonizada por Xoán Curiel, que canta a Antonio Fraguas e a Carvalho Calero, facendo un percorrido musical pola obra destes escritores, engadindo experiencias vitais destes autores.

A entrada será libre até completar aforo (30 persoas máximo) e contará con todas as medidas de seguridade e de prevención asociadas á Covid19.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.