spot_img
InicioVal MiñorNigránPatos acolle esta fin de semana o Campionato de España de Surf...

Patos acolle esta fin de semana o Campionato de España de Surf Adaptado e a Copa Concello de Nigrán

Patos acolle esta fin de semana o Campionato de España de Surf Adaptado e a Copa Concello de NigránO areal repite este ano como escenario deste evento deportivo que reunirá a 50 surfistas de todo o país con diversas discapacidades e agrupados en diferentes categorías. Entre eles estará Sarah Almagro, subcampiona de España e coas extremidades amputadas

Revista COUSAS DE nº14

A praia de Patos volverá a ser este venres e sábado un exemplo en todo o país do verdadeiro surf universal. O areal acollerá por segundo ano consecutivo o trofeo ‘Concello de Nigrán’ de Surf Adaptado (día 23) e o Campionato Galego e Nacional (día 24). O evento deportivo foi presentado este mediodía na Residencia de Tempo Libre de Patos e está promovido desde Quenlla Surf Clube, Federación Galega e Española de Surf, Xunta e Concello de Nigrán como parte do seu programa de accesibilidade universal ‘Un Nigrán para todos’. Igualmente, como parte desta competición, o Concello volverá a contar, entre outros, con Aitor Francesena ‘Gallo’, actual campión nacional e internacional de Surf Adaptado na categoría para invidentes, para ofrecer unha charla no Pavillón de Panxón o venres ás 20:00 horas a toda aquela persoa interesada. A maiores, o Concello ofrecerá o sábado ás 21:00 horas o seu festival ‘Rock in Patos’ coa presenza de MITIC e como colofón musical ao campionato.

Patos acolle esta fin de semana o Campionato de España de Surf Adaptado e a Copa Concello de Nigrán

“Somos un exemplo en políticas de accesibilidade universal e agora unha referencia internacional en surf adaptado grazas á sensibilidade das nosas escolas. Estamos moi orgullosos de que Patos sexa un referente de inclusión e diversidade, esa é a mellor imaxe que podemos exportar do noso municipio e non se limita a un día, se non a todo o ano”, explica o alcalde, Juan González, quen anima a acudir a presenciar a competición. “O ano pasado a xente quedou enganchada e non era capaz de marchar de Patos, o ambiente era realmente emocionante para todos”, recoñeceu o rexedor, quen amosou o seu apoio para acoller anualmente este evento.

Deste xeito, Patos volverá a ser o escenario de competición para 50 surfistas de todo o país con diversas discapacidades e agrupados en diferentes categorías atendendo a súa especificidade (invidente total ou parcial, falta de extremidade/s superior ou inferior, surfistas que collen a ola sentados ou tumbados…)… Entre eles destaca a andaluza Sarah Almagro, subcampiona mundial amputada das extremidades inferiores e superiores e que xa competíu o ano pasado en Nigrán, ou Pablo Cabezas, invidente vigués absoluto que aprendeu a practicar surf da man de Luis Pena (Quenlla Surf Club). “Cada un deles nos transmite leccións de vida moi positivas e necesarias para todos”, engade González., “animo a todo o mundo a que acuda a praia porque recibirá a cambio unha lección de vida e de superación”. “O deporte trasmite valores como o sacrificio, tesón, constancia… e no caso do adaptado máis”, considera Luis Pena.

Patos acolle esta fin de semana o Campionato de España de Surf Adaptado e a Copa Concello de Nigrán

 

“No somos de cristal, podemos asumir algunos riesgos también, hacer surf es una experiencia divertida y gratificante, así que animo a que se lo planteen más personas discapacitadas y que haya más apoyo y visibilización”, argumenta Pablo Cabezas. Neste sentido, Román, presidente da Federación Galega, destacou a gran idoneidade da praia de Patos para o surf adaptado “por ser un areal sen correntes e con olas non demasiado xigantes”.

Igualmente, como na edición de 2021, a través de Quenlla realizaranse bautismos de surf para persoas con diversidade intelectual pertencentes a entidades como o CEE Juan María, Fundación Melena, Igualarte ou Centro San Francisco.

 

- Publicidade -spot_img