spot_img
InicioBaixo MiñoPadín deu conta das oportunidades de desenvolvemento industrial e comercial de Tui...

Padín deu conta das oportunidades de desenvolvemento industrial e comercial de Tui no Círculo de Empresarios de Vigo

Padín deu conta das oportunidades de desenvolvemento industrial e comercial de Tui no Círculo de Empresarios de VigoO alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, participou esta mañá no foro de Loxística no Círculo de Empresarios en Vigo onde tratou as “Oportunidades de desenvolvemento industrial-comercial no Concello de Tui”.

En concreto o rexedor tudense repasou na súa intervención o traballo que está a realizar o concello de Tui para aumentar a oferta de chan industrial en condicións de seguridade xurídica.

Estas actuacións céntranse en catro eixos. Por unha banda na mellora e ampliación do Parque Empresarial de Areas. Por outra parte referiuse ao desenvolvemento de zonas de implantación industrial en Ribadelouro, e ao fomento da actividade comercial e terciaria na Gándara e en Areas. Por último referiuse a catro  sectores de solo industrial e 6 de solo comercial que se plantexan cunha superficie de 1 millón de metros cadrados.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.