A parella de Tui consegue unha merecida medalla, desde o inicio da proba estiveron na cabeza de carreira, realizando unha gran regata, foron superados pola embarcación húngara de Marton Koves e Adam Docke principais favoritos á vitoria. Nesta regata Ton Campos e Jose Sánchez conseguiron ser quintos. Iván Alonso e Diego Piña ocuparon a quinta praza no K2 senior e Nuria Villace entraron en meta na duodécima posición.
Durante a mañá de onte celebrábase a última xornada do campionato do Mundo de Maratón, que tiña lugar na cidade alemanda de Brandeburgo. O último día de competición estaba reservado para os finais dobres onde o piragüismo galego tiña varios representantes.
Os padeeiros do Kayak Tudense Óscar Graña e Ramón Ferro lograron unha meritoria medalla de prata en C-2 senior. A parella tudense foi superada polos húngaros Marton Kover e Adam Docke, principais favoritos, que revalidaron o título logrado o ano pasado. Graña e Ferro chegaron con opcións de vitoria aos últimos 500 metros, pero un forte ataque dos húngaros fixo que se descolgasen. A partir dese momento foron conservando a gran vantaxe que tiñan coa outra embarcación húngara que viña detrás.
Moito antes deste sprint final a regata estivo marcada pola saída na que a C2 de Tono Campos e Jose Sánchez tiña ata tres choques cos húngaros Kover e Docke que fixo que Ferro e Graña xunto coas C2 de Polonia e Hongría distanciásense. Para Campos e Sánchez supuxo un gran esforzo o ter que remontar ata o grupo de cabeza, un traballo que lles pasou factura e non puideron aguantar o ritmo da C2 de Tui e de Hungría. Para Óscar e Ramón supón a medalla número once nos campionatos do mundo e o seu décimo novena medalla internacional, desde o ano 2002 non se baixaron do podio en ningún dos mundiais disputados, salvo no ano 2009 que por lesión dun deles non puideron competir.