spot_img
InicioAlto MinhoCatro artistas internacionais daranse cita no II Simposium Internacional de Escultura do...

Catro artistas internacionais daranse cita no II Simposium Internacional de Escultura do Miño

catro-artistas-internacionais-daranse-cita-no-ii-simposium-internacional-de-escultura-do-mino

Unidos por un acordo transfronteirizo, Vila Nova de Cerveira, ‘Vila das Artes’ e Tomiño, ‘Terra de Artistas’, van consolidar o desafío lanzado en 2014 para a concreción dun proxecto común que unifique e identifique a estos dous Concellos como amantes das artes e da escultura.

A edición deste ano foi presentada oficialmente este mediodía na Cámara Municipal de Cerveira, polo presidente da Cámara, Fernando Nogueira, a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e a concelleira de Cultura, Cristina Martínez.

O presidente da Cámara Municipal, Fernando Nogueira, explicou que nesta segunda edición a organización recaerá maiormente en Portugal, xa que na primeira, foi Tomiño quen se ocupou das tarefas loxísticas. Esta vez, o simposium será coordinado por Vítor Reis, tamén escultor e un dos seis participantes da primeira edición.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González,pola súa banda, salientou a intención de ambos equipos de goberno de “achegar a arte á rúa”, tendo en conta que tanto Cerveira coma Tomiño son terra de artistas e comparten un patrimonio material e inmaterial común.

A concelleira de Cultura de Tomiño, Cristina Martínez, pola súa parte, comentou que o obxectivo deste evento é engalanar os nosos concellos de arte e ao mesmo tempo, afondar na cooperación transfronteiriza. Tamén contribuír á dinamización turístico-cultural dos dous municipios cun evento internacional que se celebrará bianualmente.

Este ano a cita será en Vila Nova de Cerveira, xunto ao Baluarte de Santa Cruz, entre os días 23 de setembro e 12 de outubro.

O Simposium Internacional de Escultura do Miño contará na súa segunda edición con catro escultores internacionais que darán forma ás súas obras en vivo, en contacto permanente coa xente que queira achegarse a coñecer o seu traballo.

Con carácter transfronteirizo, a iniciativa pretende desenvolver o intercambio intelectual e profesional entre os artistas participantes e o público, onde os escultores van traballar ao ar libre nun espazo público, coa intención de que todos poidan disfrutar e apreciar a evolución dos traballos, interactuando directamente cos artistas.

Durante tres semanas os escultores, de Taiwán, Bulgaria e Colombia, traballarán en vivo dentro dun proxecto conxunto de Tomiño e Cerveira

Os escultores seleccionados para esta segunda edición, todos de relevo internacional, son o colombiano Fernando Pinto, a búlgara, residente en Tomiño, Liliya Pobornikova, e os taiwaneses Lee, Zih-Cing e Teng, Shan-Chi.

Este ano a cita será en Vila Nova de Cerveira, xunto ao Baluarte de Santa Cruz, entre os días 23 de setembro e 12 de outubro.

Todos eles crearán as súas obras en grandes bloques de pedra, a maioría mármore, dos que irán sacando formas , volumes e figuras insólitas que sorprenderán ao viandante.

As pezas serán logo situadas en lugares estratéxicos de ambas vilas, como se fixera xa na primeira edición, que tivo lugar -lembramos- no ano 2014 no Espazo Fortaleza de Goián.

Este ano a cita será en Vila Nova de Cerveira, xunto ao Baluarte de Santa Cruz, entre os días 23 de setembro e 12 de outubro.FERNANDO PITO – COLOMBIA

Naceu en Bucaramanga, Colombia, en 1975.

Estudou Deseño Industrial na Universidade dos Andes en Bogotá e estudou escultura en Pietrasanta, Italia, nos estudos dos escultores Pasquale Martini e Cesare Riva.
En 2001 viaxa para Barcelona, abre o seu estudo, vive e traballa nesta cidade ata 2008 e cando volve a Bogotá abre o seu estudo nesta cidade.
As súas obras de gran dimensión ocupan espazos públicos en países como España, Italia, Líbano, México, Taiwan, China, Arxentina, Turquía e Colombia.

LEE, ZIH-CING – TAIWAN

catro-artistas-internacionais-daranse-cita-no-ii-simposium-internacional-de-escultura-do-mino

Lee, Zih-Cing naceu no Taiwan en 1964. Lee reside e traballa no Taiwan e ten sido unha presenza constante en simpósios en todo o mundo, nos seguintes países: China, Turqui e Estados Unidos de América.
O seu traballo está representado en varias coleccións, tales como: Taiwan Art Bank Colletion, Ciao-tou Suger Museum Biennal ? Kao-Hsiung, Hualien Cultural Affairs Collection, tal como en moitas outras.

catro-artistas-internacionais-daranse-cita-no-ii-simposium-internacional-de-escultura-do-minoTENG, SHAN-CHI – TAIWAN

Teng, Shan-Chi naceu no Taiwan en 1962. Ao redor dos 27 anos comezou a súa carreira como escultor. Os seus traballos están colocados en varios países: Taiwan, China e Estados Unidos de América. Ten recibido premios tales como: Golden Finger Award of National Essence Sculpture Exhibition and the Annual Nomination by the Sculpture Magazine na China.
Está aínda representado en varias coleccións no Taiwan e fóra do país.

 

 

LILIYA POBORNIKOVA – BULGARIAcatro-artistas-internacionais-daranse-cita-no-ii-simposium-internacional-de-escultura-do-mino

Liliya Pobornikova naceu na Bulgaria en 1979. Actualmente reside e traballa en España.
Fixo os seus estudos na National Academy of Art, en Sofia, especializándose en escultura de madeira.
É membro da Unión de Artistas da Bulgaria.
Participou en 99 simpósios de escultura na Austria, Arxentina, Bulgaria, Brasil, China, Chipre, Dinamarca, Francia, Alemaña, Xapón, entre outros.
As súas esculturas están representadas en museos no Taiwan, Dinamarca, Exipto e Brasil.
Recibiu premios polos seus traballos fotográficos para a ?Highlights Magazine? e ?National Geografic Magazine?, ben como varios premios en diversos simpósios e concursos.

 

- Publicidade -spot_img