Inicio Galicia Samuel Blanco vencedor da Volta Ciclista a Galicia 2016

Samuel Blanco vencedor da Volta Ciclista a Galicia 2016

samuel-blanco-vencedor-da-volta-ciclista-a-galicia-2016

Sete anos despois a Volta Ciclista a Galicia recuperou o seu formato de cinco etapas e tamén sete anos despois un galego volveu impoñerse na xeral da gran rolda autonómica.

Samuel Blanco certificou a súa vitoria na localidade pontevedresa do Porriño despois de resistir de amarelo durante dúas emocionantes xornadas nas que xestionou con solvencia a avalancha de ataques dos seus principais rivais.

Foi o triunfo da xuventude dun corredor que é o actual campión de Galicia Sub23 e dun equipo, o Club Ciclista Rías Baixas, que irrumpiu neste categoría hai catro temporadas.

O manchego Marcos Jurado (Supermercados Froiz) e o valencián Pedro Gregori (Padronés-Aluminios Cortizo) acompañaron no podio ao ciclista de Redondela, o mesmo concello no que naceu o seu director Marcos Serrano, vencedor da Volta a Galicia para profesionais en 1999, e Enrique Salgueiro, o último galego que gañara esta carreira no 2009, hai sete anos.

A entrega de premios contou coa presenza de José Ramón Lete Lasa, director xeral para o deporte da Xunta de Galicia; Chelo Besada, deputada de deportes da Deputación de Pontevedra; Eva García de la Torre, alcaldesa do Porriño; Manuel Carrera, tenente alcalde do Porriño; Juan Carlos Muñiz, presidente da Federación Galega de Ciclismo; e Álvaro Pino que foi homenaxeado ao longo desta volta polo 30 aniversario da súa vitoria na Vuelta a España.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

680FansGóstame
284SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies