spot_img
InicioGalicia‘Os Tesouros de Terra Santa’ e ‘Las Edades del Hombre’, entre as...

‘Os Tesouros de Terra Santa’ e ‘Las Edades del Hombre’, entre as principais exposicións da Xunta para 2024

os-tesouros-de-terra-santa-e-las-edades-del-hombre-entre-as-principais-exposicions-da-xunta-para-2024O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, avanzou os principais fitos do programa expositivo da Xunta de Galicia para o ano 2024 no marco da presentación Galicia Expo na Feira Internacional de Turismo (Fitur) en Madrid.

Revista Cousas De Nº20

“Tras un ano de gran actividade cultural con destacados proxectos como Picasso branco no recordo azulSorolla en Galicia ou a celebración dos 30 anos do CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea), a nova programación dá continuidade ao traballo de calidade e innovación feito”, sinalou  Anxo M. Lorenzo, que se mostrou confiado con que o calendario de 2024 axudará a “consolidar a posición de Galicia como unha referencia cultural”.

Neste senso, o representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades salientou que a Cidade da Cultura, o CGAC ou o Mosteiro de San Martiño Pinario serán algúns dos espazos máis relevantes na programación prevista por parte da Xunta.

Propostas con eco internacional

Así, o Gaiás ocupa un papel protagonista ao acoller unha das principais propostas internacionais anunciadas para este ano: a mostra Tesouros Reais. Obras mestras do Terra Sancta Museum que se poderá visitar, como único destino en España, entre os meses de marzo e agosto. Trátase dunha exposición internacional que amosará en Santiago o extraordinario e pouco coñecido tesouro artístico do Terra Sancta Museum de Xerusalén, composto de doazóns das monarquías católicas europeas ao longo de 500 anos.

Neste mesmo senso, destaca a presenza de Galicia na celebración da XXVII edición da exposición Las Edades del Hombre que no 2024 terá unha dobre sede: Santiago de Compostela e Vilafranca do Bierzo (León), froito da colaboración da Xunta e a Junta de Castilla y León. Este proxecto cultural, nado en 1988, chegará ao Mosteiro de San Martiño Pinario coa exposición Hospitalitas. A graza do encontro, cunha innovadora montaxe.

Antón Lamazares, protagonista no CGAC

Pola súa banda, o CGAC abrirá o seu programa expositivo cun percorrido pola produción artística de toda a traxectoria profesional de Antón Lamazares coa mostra Antón Lamazares, Inda é día que se poderá visitar a partir do mes de febreiro da man do comisario António Gonçalves. Trátase dunha oportunidade para viaxar no tempo tendo como horizonte o traballo e a entrega dun dos artistas máis singulares de Galicia.

‘Cidades no tempo’ e artes dixitais

En 2024 entra tamén na súa recta final o gran proxecto expositivo Cidades no tempo, composto por sete mostras singulares nas sete principais cidades galegas, que chegará en marzo a Ourense e en xuño a Pontevedra nas súas dúas derradeiras entregas. Cidades no tempo reivindica a Galicia urbana como compoñente clave da identidade e cultura galegas, cun legado que se remonta séculos na historia. A iniciativa é froito da colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Fundación Cidade da Cultura, e a Afundación (Obra Social ABANCA), cuxas sedes acollen as exposicións con Manuel Gago como comisario.

Afundación e a Xunta convidan a descubrir a orixe e identidade de Vigo nunha exposición que afonda no seu carácter cultural, industrial e renovador

Ademais, Galicia continuará apostando en 2024 por proxectos como Galivero ou Hábitats. Natureza estendida, dúas instalacións inmersivas de cultura dixital que ofrecen na Cidade da Cultura, entre outras localizacións, a posibilidade de achegarse ao patrimonio material e inmaterial de Galicia e a biodiversidade do planeta terra e que veñen de ser recoñecidas polo prestixioso Obervatorio da Cultura da Fundación Contemporánea.

- Publicidade -spot_img