spot_img
InicioVigo e áreaVigoUnha pianola de 1905 protagonista do primeiro dos actos organizados pola Clásica...

Unha pianola de 1905 protagonista do primeiro dos actos organizados pola Clásica como homenaxe a Reveriano Soutullo

unha-pianola-de-1905-protagonista-do-primeiro-dos-actos-organizados-pola-clasica-como-homenaxe-a-reveriano-soutulloA Orquestra Clásica de Vigo dedicará unha parte importante da súa programación este comezo de ano ao compositor de Ponteareas, Reveriano Soutullo

Revista Cousas De Nº20

Como inicio do ciclo dedicado ao compositor ponteareán e en conmemoración do centenario da súa obra “La leyenda del beso”, o pasado venres o Auditorio Municipal de Vigo acolleu unha conferencia do Doutor en Arte e Musicoloxía da Universitat Autónoma de Barcelona, Jordi Roquer e tamén poidemos escoitar a interpretación de varias pezas musicais nunha pianola traída expresamente dende A Coruña e cedida por Luis Ares e Pepe Romero.

unha-pianola-de-1905-protagonista-do-primeiro-dos-actos-organizados-pola-clasica-como-homenaxe-a-reveriano-soutullo

A Orquestra Clásica de Vigo logrou esta pianola datada en 1905 para poder acompañar con música a charla de Jordi Roquer sobre a adaptación do repertorio de Reveriano Soutullo a este instrumento moi popular no primeiras tres décadas do século XX e que puidemos ver e escoitar no escenario do auditorio coa tapa aberta para poder observar o funcionamento.

Reveriano Soutullo estivo inmerso nese auxe do popular instrumento, cunha notable presenza nos catálogos das principais empresas estatais e con varias das súas obras exportadas aos mercados suramericanos.

Na súa intervención, Jordi Roquer, explicou que as pianolas foron moi populares, “este estraño instrumento que xustamente na época da estrea de La leyenda del beso estaba en auxe, era un auténtico fenómeno social e económco, en todo o planeta.” Destacaba Jordi Roquer que “ter unha pianola era como ter un coche de luxo hoxe en día, valía un dineral con todo non era só de familias moi ricas, era un fenómeno moi transversal, xa que atopabas pianolas en Centros Culturais, hall de hoteis, cafés teatros, co cal a xente podía gozar dunha mesma peza musical de maneira repetida.”

Durante o acto poidemos escoitar varios rolos de pianola comentados e contextualizados. Finalizou co intermedio “Amor de hombre”, da zarzuela “La leyenda del beso”, da que se conmemoran os cen anos da súa estrea.

O CICLO DE SOUTULLO:

A consagración de Soutullo como compositor de zarzuelas. De Amores de aldea (1915) a La leyenda del beso (1924), por Javier Jurado
Conferencia
Xoves 1 de febreiro ás 20:00h
Edificio Redeiras da Universidade de Vigo (R/ Ribeira do Berbés, 11)

La leyenda del beso, edicións discográficas de referencia, por Xaime Estévez
Escoita comentada de primeiras edicións
Xoves 8 de febreiro ás 20:00h
Biblioteca da EMAO (Acceso por por R/ García Barbón, 5)

Achegamento á vida e obra de Reveriano Soutullo, por Alejo Amoedo
Charla-concerto
Mércores 14 de febreiro ás 20:00h
Auditorio da EMAO (Acceso por por R/ Pontevedra)

SOUTULLO: O centenario dun mestre da zarzuela
Concerto da Orquesta Clásica de Vigo
Xoves 15 de febreiro ás 20:30h
Auditorio do Teatro Afundación de Vigo

- Publicidade -spot_img