spot_img
InicioBaixo MiñoO patrimonio xudeu de Tui en FITUR

O patrimonio xudeu de Tui en FITUR

o-patrimonio-xudeu-de-tui-en-fiturO alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Turismo, Ana María Núñez, teñen realizado no marco da Feira Internacional de Turismo, FITUR, que se desenvolve nestas xornadas en Madrid, diversos encontros para a promoción do legado patrimonial xudeu na nosa cidade a través da Red de Juderías – Caminos de Sefarad no seu stand nesta feira.

Revista Cousas De Nº20

Ambos edís tudenses mantiveron un encontro coa xerente da Red de Juderías de España – Caminos de Sefarad, Marta Puig Quixal, e con outros axentes turísticos vinculados a este sector para seguir avanzando na promoción do municipio tudense como un destino turístico e cultural de referencia para a historia e a cultura xudía na Península Ibérica.

O Concello traballa para que o patrimonio xudeu, que atesoura Tui, conte cunha plataforma de promoción global que ofrece a Red de Juderías e en especial o seu novo portal turístico  www.caminosdesefarad.com  dando a coñecer o gran potencial turístico que posúe o noso municipio grazas ao patrimonio histórico e cultural que nos deixaron as comunidades xudías e criptoxudías que habitaron a nosa cidade hai tempo, onde ocupan destacado lugar o gravado da Menorah, no claustro da catedral, e a colección de Sambenitos, 15 pezas excepcionais que se custodian no Museo Diocesano e Catedralicio tudense. O propio conxunto histórico está cheo de lugares vinculados á memoria desta presenza e que os visitantes poden descubrir grazas á ruta autoguiada que esta sinalizada e que se pode descargar en https://turismotui.mobi/

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, indicou que a presenza de Tui na Rede de Juderías de España é “moi importante pois é unha organización modélica, que ofrece un espazo para a cultura e o turismo baseado no respecto e no diálogo entre diferentes poboacións que comparten un legado e teñen vontade de dalo a coñecer. A nosa presenza dende 2019 tennos aportado unha enorme difusión do noso legado patrimonial vinculado á presenza xudía en Tui.”

- Publicidade -spot_img