·Publicidade ·spot_img
InicioBaixo MiñoOs Roteiros Culturais da Deputación de Pontevedra arrancan con todas as prazas...

Os Roteiros Culturais da Deputación de Pontevedra arrancan con todas as prazas esgotadas

Os Roteiros Culturais da Deputación de Pontevedra arrancan con todas as prazas esgotadasOs Literarios estrearanse en Vigo da man do dramaturgo Ernesto Is que guiará o percorrido polos espazos da cidade que foron inspiración de distintos autores e autoras

A edición 2021 dos Roteiros Literarios e das Rutas de Arquitectura da Deputación de Pontevedra  revalidan a súa excepcional acollida de anos anteriores  e arrancarán o vindeiro domingo, 12 de setembro, co cartel de completo para as 225 prazas ofertadas. As rutas literarias se desenvolverán ata o 1o de outubro cun total de cinco sesións noutros tantos concellos, mentres que os sábados será a quenda das catro rutas arquitectónicas, que comezarán o día 18 e finalizarán o 9 de outubro.

Os Roteiros Literarios son desenvolvidos pola Deputación desde o ano 2017 en colaboración coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)  e percorren cidades e vilas que son escenario ou que inspiraron obras literaria. Este ano chegarán a Vigo, Moaña, Salvaterra, Silleda e Pontevedra, ofertáronse 125 prazas e terán como guías a autores e autoras que toman como base obras propias ou alleas ambientadas nos respectivos espazos.

O dramaturgo Ernesto Is será o encargado de guiar o primeiro dos percorridos, este domingo 12 de setembro en Vigo, en horario de 11 a 13.30 horas,  e que leva por título Roteiro de dramaturxia, cunha camiñada por aqueles espazos que serviron de inspiración ou nos que se ambientan obras de autores como Marta Pérez, Cunqueiro, Valle-Inclán, María Xosé Queizán ou o propio Is. Posteriormente, o domingo 19 de setembro será o actor, director e dramaturgo Santiago Cortegoso quen ofrecerá en Moaña o paseo titulado O ronco do carneiro, onde contará historias de fuxidos polos montes de Domaio, inspiradas na obra do mesmo título e que falarán dos lugares e das consecuencias da represión franquista na comarca. Raquel Castro guiará o día 26 en Salvaterra Versos de auga e viño, con paradas en lugares que evocarán a pegada de Cunqueiro, Manuel Puente e Xela Arias entre outros, mentres que o 3 de outubro a xornalista e escritora Ana Cabaleiro guiará en Silleda Memoria e ficción no relato rural, un roteiro que percorrerá parte do centro urbano da localidade para poñer en valor as pegadas literarias que atesoura.

Estes percorridos rematarán o 10 de outubro en Pontevedra, onde o autor Xosé Monteagudo guiará o titulado Vida cultural, política e social na Pontevedra de Todo canto fomos. Percorrerá escenarios desta novela de Monteagudo , en especial os espazos onde se situaban os cafés dos anos 20 e 30 do século XX, algúns edificios relacionados co pulo da docencia nesa época ou os lugares relacionados coa fundación do Partido Galeguista.

As Rutas de Arquitectura iniciaranse o sábado 18 de setembro co itinerario por Pontevedra e Poio que estará conducido por Estefanía López

Por outra banda, as Rutas de Arquitectura, que a Deputación puxo en marcha para difundir o patrimonio da provincia en colaboración coa Real Academia Galega de Belas Artes, volverán percorrer desde o sábado 18 de setembro os pazos, mosteiros, as construcións civís, castrenses e relixiosas da provincia, con catro itinerarios que pasarán por dez concellos e para os que xa se esgotaron hai días as 100 prazas. Estes catro itinerarios, que se celebrarán en horario de 10 a 13.30 horas, estarán guiados polas doutoras en Arquitectura Estefanía López e Luz Paz.

Os Roteiros Literarios e os de Arquitectura toman o relevo na programación Re-Acción Cultural da Deputación de Pontevedra

A primeira conducirá a estrea o día 18 por Pontevedra e Poio, e no que as persoas participantes visitarán as Ruínas de San Domingos, pazos urbanos e as igrexas da Peregrina e San Bartolomeu en Pontevedra, así como o Mosteiro de Poio. A segunda das andainas desenvolverase o 25 de setembro na comarca do Baixo Miño, onde tamén Estefanía López guiará este percorrido polo Mosteiro de Santa María de Oia, a igrexa de Santa María e o Castelo de Santa Cruz no concello da Guarda e a Fortaleza de San Lorenzo de Goián en Tomiño. Por outra banda, Luz Paz ofrecerá as explicacións da ruta do 2 de outubro pola comarca de Caldas, nos concellos de Moraña e Catoira, na que se  visitarán o Santuario dos Milagres de Amil (Moraña), e as Torres do Oeste, a ermida e a carballeira de San Cibrán de Dimo en Catoira. A última ruta o 9 de outubro contará coa mesma guía e pasará por espazos patrimoniais na comarca do Salnés, con paradas no Mosteiro da Armenteira (Meis) a Igrexa de Santa María de Dozo (Cambados) e o Pazo Quinteiro da Cruz (Ribadumia). O desenvolvemento destes percorridos estará guiado por un estrito protocolo con tódalas medidas de seguridade e garantías sanitarias e será obrigatorio o uso de máscara.

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies