·Publicidade ·spot_img
InicioVal MiñorNigrán'Donde acaba la memoria', o documental que protagoniza Ian Gibson chega a...

‘Donde acaba la memoria’, o documental que protagoniza Ian Gibson chega a Nigrán

'Donde acaba la memoria', o documental que protagoniza Ian Gibson chega a Nigrán
Pablo Romero e Ian Gibson

A proxección terá lugar ás 19:00 horas no Auditorio do Centro de Negocios de Zona Franca en Porto do Molle e posteriormente se establecerá un coloquio co propio director e o célebre hispanista

O Concello de Nigrán ofrece este luns 6 de setembro no Auditorio do Centro de Negocios de Porto do Molle ás 19:00 horas a proxección da recente estreada película documental ‘Donde acaba la memoria’ coa presenza do seu director, o nigranés Pablo Romero, e do seu protagonista, o célebre hispanista irlandés Ian Gibson. Ambos establecerán posteriormente un coloquio co público asistente (a entrada é de balde, estando o aforo limitado por protocolo Covid).

Romero-Fresco, profesor contratado Ramón y Cajal na Universidade de Vigo e Honoray Professor of Translation and Filmmaking na  londinense de Roehampton, iniciou este proxecto documental cando hai 8 anos coñeceu casualmente no Reino Unido a Ian Gibson e ao seu amigo, o lendario cineasta Mike Dibb. En ‘Donde acaba la memoria’, Romero percorre Las Hurdes, a mítica Residencia de Estudiantes e Granada co obxectivo de construír o retrato de Ian Gibson, e para elo conta tamén coa colaboración de Mike Dibb, Carlos Saura e Roman Gubern.

“É un dobre orgullo para este Concello ofrecer esta película, por un lado porque é froito do traballo dun nigranés recoñecido mundialmente polo seu traballo sobre tradución e accesibilidade e, por outro, porque recibimos a Ian Gibson en persoa, o gran historiador do noso pasado máis recente”,  explica o alcalde e tamén historiador Juan A.González, experto precisamente na Guerra Civil, polo que se recoñece “especialmente ilusionado de poder charlar con  Gibson”, un auténtico detective literario que leva máis de 50 anos traballando para recuperar a memoria recente de España a través das biografías de tres dos seus xenios máis recoñecidos: Buñuel, Dalí e Lorca.

Pablo Romero, docente na Universidad de Vigo e na londinense de Rohetampton, percorre coa colaboración de Mike Dibb, Carlos Saura e Roman Gubern Las Hurdes, a Residencia de Estudiantes e Granada para construir así un retrato de Ian Gibson

O plan inicial era revisitar o documental histórico de Buñuel en Las Hurdes, pero pronto se fixo evidente que a historia estaba en Ian…”, confesa Pablo Romero, quen despois dun ano de montaxe para converter  50 horas de metraxe nun corte final dunha hora sufriu o roubo da cinta na súa propia oficina.

'Donde acaba la memoria', o documental que protagoniza Ian Gibson chega a NigránEsa foi a primeira das moitas mortes de ‘Donde acaba la memoria’ durante case unha década que tamén incluíu o nacemento dos meus dous fillos e cambios de traballo e de país. Pero unha película sobre a perseveranza dunha vida adicada á busca non pode abandonarse así como así”, refire. Consecuentemente, tres anos despois da subtracción, viaxou con Ian a Granada para acompañalo na presentación da última edición do seu libro e visionou unha gravación súa inédita da famosa entrevista co enterrador de Lorca, material que aparece neste documental.

 

Esta película marca a fin dunha longa viaxe para o director e para o propio historiador, con máis de medio século de traballo desde que deixou a súa Irlanda natal para viaxar a Granada e escribir unha tese sobre Lorca.

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies