Inicio Pontevedra Os participantes no programa 'DepoIntegra Xoven' da comarca de Vigo recibiron os...

Os participantes no programa ‘DepoIntegra Xoven’ da comarca de Vigo recibiron os seus diplomas

A Presidenta da Deputación de Pontevedra fixo entrega dos diplomas aos participantes do programa ‘DepoIntegra Xoven’ na comarca de Vigo

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto a deputada provincial, Montse Magallanes, fixeron entrega onte, na sede de Vigo da institución provincial, dos diplomas aos participantes do programa de formación “DepoIntegra Xoven” na comarca de Vigo no que participaron 203 mozas e mozos. “Son moi consciente das dificultades que sofre a xuventude para acceder ao emprego, por iso quero agradecervos a vosa actitude para enfrentarvos a elas”, dixo a presidenta provincial e engadiu que “a formación é a ferramenta para loitar contra este problema”

Na comarca de Vigo leváronse a cabo un total de trece accións formativas:Operacións básicas de restaurante e bar”, “Desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxía web”, “Dinamización de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil”, “Marketing e compravenda internacional”, “Operacións en sistemas de comunicación de voz e datos”, “Programación con linguaxes orientadas a obxectos e bases de datos relacionais”, “Limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais”, “Sistemas de xestión de información”, “Actividades auxiliares de almacén”, “Actividades auxiliares de comercio”, “Operacións básicas de catering”, “Operacións básicas de cociña”, e “Servizos auxiliares de perruquería”.

O proxecto “Depointegra Xoven”, que conta cun orzamento de máis de 2,5 millóns de euros e está cofinanciado polo Fondo Social Europeo, ten por obxectivos integrar de xeito sustentable no mercado de traballo a persoas de entre 16 e 30 anos da provincia que non participa nos sistemas de educación nin de formación, inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.  Por este motivo, realízanse actividades formativas constituíntes de itinerarios integrados que están dirixidos á obtención de certificados de profesionalidade para a mellora da formación e a empregabilidade das persoas novas. Amais, estas accións formativas tamén se complementan con accións transversais relacionadas cos idiomas, coa práctica profesional, as novas tecnoloxías e a igualdade de oportunidades. “Depointegra Xoven” tamén ten por obxectivos favorecer a participación das mulleres, das persoas paradas de longa duración e colectivos en risco de exclusión social para garantir a non exclusión no programa por motivos sociais, formativos, por razóns de xénero ou lugar de residencia.

Amais da formación para a obtención de certificados de profesionalidade a través de itinerarios formativos, o programa ofrece unha axuda económica mensual de 200 euros ás persoas participantes para os desprazamentos, formación transversal e complementaria en igualdade, idiomas, tecnoloxías da información e da comunicación e ofimática, así como información relativa á inserción laboral e emprendemento. “Depointegra Xoven” tamén ofrece ás persoas participantes orientación laboral e titorías individuais e grupais.

No global da provincia, un total de 362 persoas de entre 16 e 30 anos participaron en 2018 neste programa levado a cabo pola Deputación de Pontevedra. En concreto, 203 persoas na comarca de Vigo, 108 na comarca de Pontevedra, 21 no Deza, 18 no Baixo Miño e 14 no Salnés.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
300SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies