spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaO libro «Galaicos, un pobo entre dous mundos» presentouse na Guarda

O libro «Galaicos, un pobo entre dous mundos» presentouse na Guarda

A Casa dos Alonsos foi o escenario escollido para a realización, o pasado 28 de febreiro, da Presentación do libro «Galaicos – Un pobo entre dous mundos», un libro onde se pode gozar dunha viaxe polo rico patrimonio cultural ligado á historia das Rías Baixas e de Galicia.

O acto contou coas intervencións de Montserrat Magallanes, Deputada Provincial; Quique Alvarellos, editor; Rafael Rodríguez, Comisario da Exposición; Xavier Crespo, Concelleiro de Patrimonio; Xurxo Ayán, arqueólogo e colaborador no libro e Antonio Lomba, Alcalde da Guarda.

Ao remate desta presentación proxectouse o vídeo: galaicos deste proxecto, durante o percorrido móstrase, a través dunha selección dos obxectos arqueolóxicos máis representativos, a evolución que se produce durante un longo período de 2.000 anos, desde a prehistoria ata a antigüidade tardía.

O eixo atlántico do noroeste peninsular, onde se sitúan As Rías Baixas, é un territorio de gran actividade comercial onde converxen tradicións culturais e unha das zonas de España cunha maior densidade de xacementos arqueolóxicos.

O LIBRO

A guía contén unha ampla e atractiva demostración gráfica, con 160 impactantes ilustracións e fotografías, así como fichas didácticas e textos das escavacións elaborados polas arqueólogas e arqueólogos que traballaron nelas. Este material amósanos, de primeira man e de maneira didáctica, a enorme riqueza deste patrimonio cultural único.

Neste libro tamén se fala sobre o xacemento de Santa Trega, que controla a desembocadura do río Miño, trátase dun poboado galaico-romano ocupado desde o século IV a. C. ata o século I d. C. O seu sistema construtivo reflicte a tradición castrexa, na que predominan as construcións circulares cunha arquitectura defensiva e doméstica. A área ocupada por esta cidade alcanza as 20 hectáreas, o que o converte nun dos maiores castros atopados en terras galegas, aínda que soamente se escavou ata o momento un 5 % da súa superficie total. Unha área do poboado caracterízase polas casas-patio, formadas por distintas estancias agrupadas ao redor dun patio. As familias deste barrio manexaban un enxoval doméstico marcado pola presenza masiva de cultura material romana. As cabanas aséntanse directamente sobre a roca nai, os seus muros están recubertos de cal e area e no seu interior algunhas posúen bancos encastados. Entre os anos 2015 e 2016 realizáronse importantes achados, como unha cabeza pétrea, ánforas e lucernas romanas, pezas de Terra Sigillata, fragmentos de labras decoradas, o cunco millefiori (único no norte de Península), un puñal lexionario, o remate dun torque de ouro e máis de 42.500 pezas. Santa Trega é, sen dúbida, un dos legados patrimoniais máis importantes das Rías Baixas e de Galicia.

PAISAXES de ilusión que non esquecerás…

A desembocadura do principal río galego, o río Miño, fai de fronteira co veciño Portugal. Desde o nacemento deste río ata a súa desembocadura as mareas e a horizontalidade do terreo permiten a existencia de praderías ás beiras da canle navegable e de illotes. Unha contorna natural única salpicada por observatorios ornitolóxicos, miradoiros naturais e rutas de sendeirismo; a propia desembocadura posúe unha beleza monumental pola grandiosidade do seu espazo, que se pode divisar desde o alto do impoñente monte Santa Trega, onde se atopa o xacemento do mesmo nome.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.