Inicio Pontevedra Investors Day puxo o broche final á quinta edición de ViaGalicia

Investors Day puxo o broche final á quinta edición de ViaGalicia

A sede da Zona Franca no polígono de Porto do Molle, viviu onte unha xornada moi especial. Correspondía á última fase do programa de aceleración de ViaGalicia, na que os emprendedores, xa empresarios, puideron defender o seu proxecto para captar novos socios a través de presentacións breves e áxiles.

Cun tempo máximo de cinco minutos de exposición, presentaron os seus proxectos cun -pitch- no que explicaron tamén os mercados aos que se dirixen ou os seus plans de crecemento. Pola súa banda, os investidores realizaron numerosas preguntas co obxectivo de aclarar diferentes dúbidas ou profundar nos plans empresariais presentados.

Este encontro puxo punto e final á quinta edición de ViaGalicia, que contou cun orzamento total de 2,5 millóns de euros. Os proxectos relacionados coa tecnoloxía e a innovación –desde o desenvolvemento de nanosatélites, sistemas de ciberseguridad ou relacionados co Internet das Cousas ( IoT) ata plataformas de asesoramento e xestión online- protagonizaron esta quinta edición, na que tamén se aceleraron proxectos no sector da agroalimentación, a arquitectura ou a automoción.

BETA Implants, premio VIAGALICIA 2019

BETA Implants, startup dedicada ao deseño e produción a medida de implantes para animais, converteuse na gañadora do Premio ViaGalicia 2019, concedido por primeira vez polo delegado de Estado en Zona Franca de Vigo, David Regades, e a directora de GAIN, Patricia Argerey, e dotado con 150.000€ de financiamento.

O alcalde de Nigrán, Juan González, o delegado da Zona Franca de Vigo, David Regades, a directora de GAIN, Patricia Argerey, e Bibiana Rodiño, directora general de BETA Implants

O Comité Técnico, encargado de seleccionar ao gañador entre os máis de medio centenar de startups presentadas á primeira edición deste recoñecemento, destacou a evolución do modelo de negocio de BETA Implants desde a súa participación na aceleradora, a súa consolidación no mercado, o valor engadido e innovación que achega ao sector e a creación de emprego de calidade (cualificado e de carácter indefinido). Este recoñecemento dotará ao proxecto de 150.000€ de financiamento, procedentes de XesGalicia e Vigo Activo, para apoiar os seus plans de consolidación e crecemento internacional.

Bibiana Rodiño, directora general de BETA Implants

Bibiana Rodiño, directora xeral de BETA Implants, foi quen recibiu o premio, acto que tivo lugar durante a clausúra do Investors Day, xornada na que ao redor dun centenar de investidores business angels, consultores, directivos de banca e axentes doutras aceleradoras- puideron coñecer as oportunidades de negocio e investimento das startups aceleradas nesta última edición.

ViaGalicia 2019
O delegado da Zona Franca de Vigo

Durante o encontro, Regades sinalou que BETA Implants é o exemplo perfecto de empresa produtiva que ViaGalicia quere seguir apoiando, proxectos innovadores, capaces de crear emprego para Galicia e de manterse no tempo a través de modelos de negocio sólidos.

Pola súa banda, a directora de GAIN, Patricia Argerey, recalcou o carácter innovador da empresa gañadora, así como do resto de empresas aceleradas na quinta edición de ViaGalicia, que contribúen a mellorar a calidade de vida da cidadanía galega presente e futura. Argerey inscribiu este apoio no compromiso da Xunta de Galicia co emprendemento innovador e a captación e retención de talento en Galicia, que a través de StartIN, a rede galega de aceleradoras, permitiu apoiar máis de 900 proxectos no últimos cinco anos.

ViaGalicia2019
O delegado da Zona Franca de Vigo, David Regades e a directora de GAIN, Patricia Argerey

Para outorgar este recoñecemento, ViaGalicia analizou as cifras dos proxectos presentados a esta convocatoria, destacando así a creación de máis de 60 empresas, das cales o 80% continúan hoxe activas. Todas elas facturaron máis de cinco millóns de euros e xeraron máis de 240 novos postos de traballo cualificado, dos que o 83% son empregos indefinidos. En total, os proxectos acelerados en ViaGalicia conseguiron captar 19 millóns de euros de financiamento, da que o 52% é de orixe privada.

Sobre ViaGalicia

ViaGalicia es una aceleradora impulsada por Zona Franca de Vigo y Xunta de Galicia, cuyo objetivo es apostar por proyectos innovadores, acelerables e invertibles a través de su participación en un amplio programa de formación, mentoring, coworking y financiación. Desde su puesta en marcha en el año 2013, ya se han invertido 8 millones de euros en este programa de aceleración, al que se han presentado más de 1.000 candidaturas y de las que se han impulsado más de 160 proyectos. En total, se han formalizado 68 empresas, generando así 340 nuevos empleos.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
306SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies