spot_img
InicioBaixo MiñoOs miñoranos Diana Domínguez e David Pazo vecedores no Trail do Aloia...

Os miñoranos Diana Domínguez e David Pazo vecedores no Trail do Aloia 2022

Os miñoranos Diana Domínguez e David Pazo vecedores no Trail do Aloia 2022Máis de 400 participantes gozaron esta fin de semana do Trail do Aloia 2022. Con dúas versións, unha para os máis pequenos en idades comprendidas de 5 a 14 anos e outra para maiores de 16 anos.

O pistoletazo de saída soaba ás 16:30 horas do sábado 7 coa celebración do Aloia Kids Trail onde os traileros máis pequenos puideron gozar de tres probas correspondentes a cada idade.

Revista COUSAS DE Nº13

Ao día seguinte, tocáballes a quenda aos maiores no Trail do Aloia que arrincaba ás 10:00 horas coa distancia de 21km seguidos de preto polos traileros que percorreron 12km con saída ás 11:00 horas.

Ambos os percorridos tomaron saída e meta no Paseo da Corredoira, no Concello de Tui e foi o Monte Aloia o lugar de encanto onde puideron gozar dunha proba en plena natureza

E esta vez os participantes non só tiveron que pelexar contra a dureza do percorrido, cun desnivel acumulado de 1690 metros para os atletas do 21 k e de 800 para os do 12 k, senón que o sol coas súas elevadas temperaturas foi o invitado que en que ninguén contaba en pleno mes de maio.

Os miñoranos Diana Domínguez e David Pazo vecedores no Trail do Aloia 2022

Na carreira máis longa, 21 k, puntuable para a PONTEVEDRA TRAIL LEAGUE, cumpríronse os prognósticos xa que os favoritos, tanto na categoría masculina como na feminina cruzaron en primeira posición a liña de meta.

O baionés David Pazo, completaba o trazado cun tempo de 01.56.12, seguido por Marcos Fernández do Castrelos Trail, 01.56,37. Terceira praza para Óscar Guerra de Cambados, que foi capaz de remontar na baixada para lograr o bronce (01.59.34)

Pola súa banda, Diana Domínguez de Nigrán, era a gañadora con 02.22.39, coa valenciana Elena Rosell, 02.25.18, e Ronsel Alonso, 02.30.51, flanqueándoa no pódium

Se a distancia de 21 km, fíxose dura, o 12 k. foi moi rápido para cabeza de carreira. En pouco máis dunha hora, Dario Arias gañaba con gran superioridade (01.01.15) , por diante de Iván Pereira, (01.02.10) e de Daniel Domínguez (01.02.25)

No apartado feminino triunfo incontestable para Leticia Trabazos de Salvaterra (01.23.29) Con máis de minuto e medio de diferenza sobre a salcedense Vicky Cerqueira 01.25.35, sendo Laura Pérez medalla de bronce. Tras os mellores foron chegando un rosario de trialeros que lograron, un día máis, o seu éxito persoal: Finalizar unha nova carreira

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.