spot_img
InicioVal MiñorBaionaA Carabela Pinta pon rumbo ao estaleiro para realizar traballos de mantemento

A Carabela Pinta pon rumbo ao estaleiro para realizar traballos de mantemento

A Carabela Pinta partía esta mañá do pantalán Cristobal García Sarmineto e poñía rumbo aos estaleiros “Montenegro” de Vigo onde está previsto que estea en dique seco durante unhas catro semanas.

A Concellería de Cultura do Concello de Baiona xestionou o traslado e os traballos de mantemento da Réplica da Carabela Pinta.

Revista COUSAS DE Nº13

Trátase dunha varada de mantemento rutineira, programada de acordo co protocolo do departamento. Un protocolo que contempla unha varada de mantemento en dique seco cada cinco anos, a última fíxose en 2017. Nesta ocasión, os traballos de mellora da embarcación levarán a cabo no Estaleiro de Vigo.

A Carabela foi remolcada ata a Torre do Príncipe por unha embarcación motora chamada “El Capitán”, por unha pneumática Vanguard de 8 metros e medio de escolara “Sálvame I” e unha embarcación de apoio Vanguard 6,2 de eslora do Monterreal Club de Yates que axudaron á Pinta na saída da súa praza de amarre dentro do porto. A partir da Torre do Príncipe fíxose cargo de trasladar o remolcador “Sebastián de Ocampo”.

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez, sinala que“Desde o Monterreal Club de Yates sempre están dispostos a botarnos unha man polo que agradezo enormemente a súa colaboración na saída da Carabela á baía”.

A visita á réplica da Carabela Pinta é un dos grandes atractivos que ofrece a Real Villa, pola cuberta da embarcación pasa un gran número de persoas a visitar as instalacións e coñecer o seu interior que alberga un museo colombino que recrea aos membros da tripulación, os indíxenas americanos e os obxectos traídos do novo mundo.

- Publicidade -spot_img