spot_img
InicioBaixo MiñoOs integrantes do curso de turismo de Tui crean unha ruta de...

Os integrantes do curso de turismo de Tui crean unha ruta de sendeirismo pola parroquia de Ribadelouro

Os alumnos e alumnas do curso de turismo crean unha ruta de sendeirismo pola parroquia de RibadelouroO alumnado dos obradoiros de emprego presentaron o seu traballo ao alcalde de Tui e aos concelleiros de Turismo e Formación e Emprego

Na mañá de hoxe o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, xunto coa concelleira de Formación e Emprego, Ana Núñez, e o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, acudiron á presentación dos proxectos que están a levar a cabo os alumnos e alumnas dos obradoiros de turismo e de confección e publicación de páxinas web.

En primeiro lugar o portavoz do obradoiro de turismo detallou o traballo realizado, que comezou coa análise da web actual e da aplicación Turismo.mobi, así como a detección de erros en ambas. En segundo lugar fixeron visitas a empresas tudenses para coñecer as súas necesidades e finalmente tiveron charlas  entrevistas con representantes de distintos sectores e eventos da cidade. Dentro dos traballos levados a cabo por este obradoiro, os alumnos e alumnas fixeron unha saída polo Camiño de Santiago en Tui para detectar os puntos fortes e un puntos débiles e as posibles melloras.

Outra das tarefas do obradoiro de turismo foi o análise das distintas rutas xa existentes ademais da creación dunha nova ruta, neste caso escolleron a parroquia de Ribadelouro, xa que percibiron que estaba pouco explotada e ten elementos etnográficos e naturais moi destacables entre os que destacan O Muíño de Vides, o lavadoiro e fonte “A Matanza”, o paso de Betate e o Calvario e o Via Crucis, así  coma a Igrexa Parroquial de Santa Columba de Ribadelouro. Están previstas visitas guiadas por esta ruta para dala a coñecer.

Por outra banda, no obradoiro de Confección e Publicacións de Páxinas Web presentaron dúas propostas. Ambas con deseño diferente e estrutura da web pero ambas con elementos comúns como  un calendario de eventos, rutas de sendeirismo e polo conxunto histórico de Tui e  propostas de aloxamento e gastronomía entre outras. Ambas opcións con sistema responsive, accesible dende calquera dispositivo electrónico.

O concelleiros de turismo, Laureano Alonso e a concelleira de formación e emprego, Ana Núñez, destacaron o bo traballo realizado así como mostraron a súa total dispoñibilidade e apoio ao alumnado.  O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, destacou o turismo como un dos valores económicos máis importantes de Tui.

Os alumnos e alumnas do curso de turismo crean unha ruta de sendeirismo pola parroquia de RibadelouroOs alumnos e alumnas do curso de turismo crean unha ruta de sendeirismo pola parroquia de Ribadelouro

- Publicidade -spot_img