spot_img
InicioReportaxesOs contrasinais coas horas contadas. O primeiro "smartphone" con recoñecemento de iris...

Os contrasinais coas horas contadas. O primeiro “smartphone” con recoñecemento de iris comercializarase en Xapón

primeiro-smartphone-recoñecemento-iris-comercializarase-Xapón

O operador de telefonía móbil xaponés NTT Docomo anunciou este xoves que comercializará a finais de maio o primeiro “smartphone” con tecnoloxía de recoñecemento do iris que permite desbloquear o terminal ou realizar pagos

O modelo Arrows NX F-04G desenvolvido pola nipoa Fujitsu utiliza unha cámara frontal infravermella e unha luz LED infravermella para iluminar o ollo do usuario e verificando o seu patrón do iris único.

Esta tecnoloxía de identificación biométrica permite substituír os contrasinais convencionais para realizar accións como desbloquear o terminal, rexistrarse en aplicacións e realizar pagos a través do teléfono móbil unicamente cos ollos.

Polo momento o seu lanzamento só está confirmado en Xapón.

A parte desta tecnoloxía pioneira, o móbil funciona con sistema operativo Android 5.0 Lollipop, posúe 3 GB de memoria RAM, 32 GB de almacenamento e pantalla de 5,2 polgadas.

O pasado mes de marzo, durante o Mobile World Congress (MWC), a compañía nipoa afirmou que a súa tecnoloxía de recoñecemento ocular é dez veces máis precisa que a detección da pegada dactilar.

Outras compañías, como a chinesa Vivo e a surcoreana Samsung están a traballar para incorporar técnicas similares aos seus dispositivos.

REPÚBLICA/EFE

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.