spot_img
InicioPontevedra e ÁreaLouzán destaca que Pontevedra é a provincia de España con máis distincións...

Louzán destaca que Pontevedra é a provincia de España con máis distincións en praias, portos e sendeiros azuis

Louzán-destaca-Pontevedra-provincia-España-distincións-praias-portos-sendeiros-azuis O presidente da Deputación de Pontevedra, agradeceu o esforzo e sacrificio dos alcaldes para conseguir 59 bandeiras azuis para a provincia “porque eu sei do difícil e custoso que é cumprir todas as condicións esixidas e contar cos servizos que ADEAC demanda”, dixo.

Louzán estendeu as súas felicitacións as entidades públicas e as privadas, sobre todo do sector hoteleiro e restaurador. E indicou que a provincia de Pontevedra leva anos nunha liña de busca e incentivo da calidade “na que hai que seguir profundizando pois somos, xunto con Barcelona, a provincia con máis establecementos con diplomas de calidade, preto de 200, e a de maior número de bandeiras azuis de España: en 70 kilómetros da nosa costa 59 praias contan con este distintivo, e temos 348 areais”.

Nunha rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno, Louzán destacou que Galicia é a comunidade con máis distincións recibidas: 150 (8 máis que o ano anterior): 131 praias (o 45% na provincia de Pontevedra) e 19 portos (a metade na provincia de Pontevedra). É tamén a comunidade con maior número de sendeiros azuis recoñecidos (16)

A provincia de Pontevedra, pola súa banda, é a provincia con máis bandeiras azuis de España (68): 59 praias (Sanxenxo con 12, Cangas con 10 e Vigo con 9, son os municipios de España con máis distintivos); e 9 portos deportivos (Moaña e Cangas logran o recoñecemento por 1ª vez).

“Somos tamén a primeira provincia española con máis sendeiros azuis recoñecidos”, destacou Louzán. En concreto: *Roteiro de Donón (Cangas), *Camiño á beiramar (Vigo), *Ruta de Sendeirismo Cabo Udra ( Bueu), *Senda perimetral Bao-Xastelas (A Illa), *Senda litoral de A Guarda, *Sendeiro Litoral Ecosistema Dunar Praia *América-Panxón (Nigrán), *Sendeiro Litoral de Baiona, e *Sendeiro Litoral Sanxenxo-Portonovo

Pontevedra é tamén a 2ª provincia con máis centros azuis galardoados(6): *Aula da natureza Cabo Udra (Bueu), *Centro de interpretación “As Telleiras” (Sanxenxo), * Centro de Interpretación da Conserva (A Illa de Arousa), *CIRA (Vilagarcía de Arousa), *Museo do Mar de Galicia( Vigo), e *Museo de Meirande (Redondela).

Pola súa banda, o concello de Sanxenxo logrou, un ano máis, o maior número de bandeiras en praias de España (12) ás que hai que engadir TRES distintivos máis: *porto deportivo de Sanxenxo, o *centro das Telleiras e o *Sendeiro Litoral Sanxenxo-Portonovo que é a 1ª vez que recibe esta denominación internacional.

Louzán destacou especialmente o distintivo logrado pola Praia Fluvial de A Calzada, en Pontecaldelas, que é a primeira que recibe este distintivo en Galicia e a 2ª en España, na que a pioneira foi Orellana La Vieja en Estremadura.

 

 

- Publicidade -spot_img