spot_img
InicioPontevedra e ÁreaPortos de Galicia impulsará un ralli marítimo nas Rías Baixas este verán...

Portos de Galicia impulsará un ralli marítimo nas Rías Baixas este verán como proba piloto para o proxecto europeo NEA 3

Portos-Galicia-impulsará-ralli-marítimo-Rías-Baixas-verán-proba-piloto-proxecto-europeo-NEA

Portos de Galicia impulsará o desenvolvemento dun ralli marítimo nas Rías Baixas ao longo deste verán como experiencia piloto para a inclusión deste modelo de actividade no proxecto europeo NEA 3. O ente público está a ultimar actualmente a proposta galega para a participación no programa internacional que definirá as súas liñas de acción e financiamento de proxectos concretos nos vindeiros meses.

A actividade consiste nunha ruta de navegación en grupo durante un período de tempo de entre unha fin de semana e quince días cun máximo de 100 participantes

A actividade que se propón para actuar como proba piloto consistiría na conformación dunha das chamadas flotillas de navegación, grupos de arredor dunha vintena de barcos de tripulación ou pasaxeiros, para realizar unha ruta de varias xornadas. Habitualmente este tipo de actividades teñen unha duración de entre unha fin de semana e quince días cun máximo de 100 persoas participantes, entre barcos só con tripulación e de pasaxeiros.

Esta actividade servirá para avaliar as necesidades portuarias existentes e comprobar a capacidade organizativa dos participantes de cara a promocionar este modelo de navegación en Galicia no marco do proxecto NEA 3. Deste xeito, Portos de Galicia ratifica a súa vontade de abrir novos modelos de negocio e rendibilidade económica das instalacións náutico recreativas de titularidade autonómica.

Este obxectivo ven recollido no Plan Estratéxico da Náutica Recreativa 2012-2020 que o ente público está a desenvolver como folla de ruta do sector para optimizar a distribución de recursos no ámbito dos peiraos e instalacións marítimo deportivas. Para acadar esta finalidade, o organismo que preside José Juan Durán está a impulsar unha estratexia transversal de promoción da náutica en coordinación con outras administracións e entidades públicas e privadas, así como axentes e operadores portuarios.

O programa NEA 3 da Unión Europea, continuidade do NEA 2 no que Portos de Galicia mantivo tamén unha participación activa, define tres piares de actuación para continuar avanzando no desenvolvemento da náutica recreativa: o social, o económico e o medioambiental. Así mesmo, Portos de Galicia impulsará a través do NEA 3 a rendibilización económica da actividade náutico recreativa, a través da xeración de riqueza e postos de traballo.

- Publicidade -spot_img