spot_img
InicioPontevedra e ÁreaOs concellos do Val Miñor deixan a súa pegada en FITUR na...

Os concellos do Val Miñor deixan a súa pegada en FITUR na presentación do ‘Camiño pola Costa’

os-concellos-do-val-minor-deixan-a-sua-pegada-en-fitur-na-presentacion-do-camino-pola-costa

A presidenta, Carmela Silva, pon en valor os cascos históricos, o patrimonio, as praias e os ecosistemas naturais dos concellos da comarca do Val Miñor como“un referente turístico de primeira orde”

Os concellos da comarca do Val Miñor, Baiona e Nigrán, foron protagonistas hoxe na presentación do destino do Camiño Portugués pola Costa que fixo a Deputación de Pontevedra en FITUR. A presidenta, Carmela Silva, destacou na súa intervención os “innegables atractivos que estes concellos ofrecen aos e ás visitantes que opten por facer este novo tramo pola costa do Camiño Portugués, que foi recoñecido oficialmente o ano pasado”. https://youtu.be/FPQHVXFDrwg

Silva destacou en Baiona “a carabela Pinta, de sobra coñecida pola súa importancia histórica e que converteu a Baiona na primeira vila europea en coñecer o descubrimento de América”, o casco vello que foi declarado conxunto histórico-artístico en 1993 “ou a fermosísima fortaleza da península de Monterreal”. En canto ao concello de Nigrán, a Presidenta provincial salientou “a ponte romana da Ramallosa, que a separa de Baiona; Praia América en Panxón, o estuario da Foz ou o miradoiro situado aos pés do Monumento á Mariña Universal”.

os-concellos-do-val-minor-deixan-a-sua-pegada-en-fitur-na-presentacion-do-camino-pola-costa

Os alcaldes das vilas da comarca do Val Miñor puxeron en valor o seu paso polo Camiño, unha viaxe na que os e as visitantes poden coñecer algúns dos seus recursos patrimoniais máis importantes. O alcalde de Baiona, Ángel Rodal, salientou “o casco histórico, que ofrece un alto no Camiño onde poder coller folgos e coñecer a nosa historia, vinculada á carabela Pinta, a Festa da Arribada, o noso patrimonio e a nosa gastronomía”. Pola súa banda ,o alcalde de Nigrán, Juan González, asegurou que “o proxecto está comezando pero o futuro é esperanzador e vai supor a entrada de moitas persoas en Nigrán”. González lembrou que “vai ser un eixe turístico e cultural e unha iniciativa moi importante para desestacionalizar o turismo” nunha vila na que resaltan “a Ramallosa, a ponte románica, ou os muíños e petróglifos de Chandebrito, ademais das praias integradas na Rede Natura 2000”.

- Publicidade -spot_img