spot_img
InicioPontevedra e ÁreaO Concello de Nigrán presenta en FITUR unha guía do Camiño Portugués...

O Concello de Nigrán presenta en FITUR unha guía do Camiño Portugués ao seu paso polo municipio

O Concello de Nigrán, de mans do seu alcalde Juan González e a edil de Turismo, Ana Pérez, presentaron hoxe en Fitur o seu último deseño de material turístico, relativo ao paso do camiño portugués pola costa por Nigrán, ruta que dende a Deputación de Pontevedra se está a promocionar  nesta Feira Internacional de Turismo en Madrid. Os tres alcaldes do Val Miñor uniron forzas neste evento para tratar de impulsar este Camiño. https://youtu.be/FPQHVXFDrwg

“Queremos que se difunda porque non só ten un valor cultural e patrimonial incalculable senón que, ademais, supón un activo máis para o turismo en Nigrán e en todo o Sur da provincia de Pontevedra. É un Camiño que axuda a desestacionalizar o turismo, que é sostible, protexe a nosa historia, respecta o medio ambiente… Todo é positivo e a súa presencia en Fitur supón un empurrón máis”, indica  Juan González.

Dende o goberno local se quere potenciar ao máximo esta ruta que atravesa 15 municipios costeiros das Rías Baixas. “O aumento de peregrinos notouse dende a súa declaración como oficial o ano pasado e agora hai que sacarlle partido, polo que precisamos coordinarnos tódolos concellos implicados para traballar conxuntamente e, como exemplo, facer guías-mapa unitarias”, finaliza González.

O material informativo que presenta Nigrán foi feito pola empresa “Estela, Arqueoloxía e Patrimonio”. Nel se fai un resumo de que é e significa este Camiño e se sinalan os diferentes puntos de interese ou monumentos no seu percorrido por Nigrán (aparece tanto o camiño oficial, que realmente vai polo interior do municipio, como a súa variante non oficial pola costa nigranesa). A súa vez, “Estela, Arqueoloxía e Patrimonio” mostra en Fitur o vídeo documental que elaborou para as xornadas das illas Estelas-Monteferro-Panxón, espazo que o Concello tamén quere promocionar.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.