Inicio Baixo Miño Os Arquivos Municipais de Valença e Tui realizan un obradoiro de Preservación...

Os Arquivos Municipais de Valença e Tui realizan un obradoiro de Preservación e Conservación de Documentos en Papel

Os Arquivos Municipais de Valença e Tui realizan un obradoiro de Preservación e Conservación de Documentos en PapelOs arquivos municipais de Valença e Tui desenvolveran unha actividade conxunta para conmemorar a celebración do Día Internacional dos Arquivos no ámbito do Eurocidade Tui – Valença.

Trátase dun Obradoiro de preservación e conservación de documentos en papel que impartido no Arquivo Municipal de Tui por persoal técnico do Arquivo Municipal de Valença. Este obradoiro celebrarase o vindeiro xoves, 6 de xuño, a partir das 10 h cunha duración aproximada de catro horas.

Está dirixido a persoas interesadas na conservación de documentos históricos en papel e o único requisito que deben cumprir os participantes é que deben aportar o documento en papel da súa propiedade sobre o que se vai traballar neste obradoiro.

A inscrición gratuíta e limitada (por orde de inscrición) debe realizarse enviando o modelo de inscrición ao correo electrónico: arquivo@tui.gal.

A Asemblea Xeral en novembro de 2007 do Consello Internacional dos Arquivos, ICA, oficializou que sería o 9 de xuño a data para celebrar o Día Internacional dos Arquivos. Este día foi elixido porque o 9 de xuño de 1948, o Consello Internacional de Arquivos estableceuse baixo os auspicios da UNESCO. Esta elección foi aprobada de inmediato e adoptada pola comunidade arquivística internacional.

Os arquivos custodian decisións, actuacións e memoria. Os arquivos conservan un patrimonio único e irremplazable que se transmite de xeración en xeración. Os documentos son xestionados nos arquivos desde a súa orixe para preservar o seu valor e o seu significado. Os documentos son fontes fiables de información que garanten a seguridade e a transparencia das actuacións administrativas. Xogan un papel esencial no desenvolvemento da sociedade contribuíndo á constitución e salvagarda da memoria individual e colectiva. O libre acceso aos arquivos enriquece o noso coñecemento da sociedade, promove a democracia, protexe os dereitos dos cidadáns e mellora a calidade de vida.”

Cada ano o ICA establece un lema para a celebración desta xornada. No ano 2019 o slogan é “Deseñar Arquivos” e propón situar ás persoas no centro do traballo profesional que se realiza nos arquivos. A campaña fai fincapé sobre o rol da profesión no Século XXI onde arquiveiros, xestores documentais e profesionais da información xogan un papel vital na xeración de oportunidades que permita o desenvolvemento dun deseño humanista en beneficio dos cidadáns e a comunidade en xeral. Isto transcende límites xeográficos e ámbitos profesionais no seu conxunto. Deseñar os novos arquivos que dean resposta ao reto do paso da documentación en papel á dixital pero ao tempo garantindo a conservación dos documentos custodiados nos seus depósitos.

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies