Inicio Pontevedra O Pazo de Gandarón acollerá a entrega dos III Premios Sofía Novoa...

O Pazo de Gandarón acollerá a entrega dos III Premios Sofía Novoa Ortiz

O Pazo de Gandarón acollerá a entrega dos III Premios Sofía Novoa Ortiz
Pazo de Gandarón-foto de Turismo Rias Baixas

Os galardóns, impulsados pola Deputación, recibiranos  seis estudantes da Universidade de Vigo por incluír a perspectiva de xéneros nos seus traballos de fin de grao e máster

A presidenta de Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, anunciou a data de entrega dos III Premios Sofía Novoa Ortiz, os galardóns promovidos pola institución que recoñecen a inclusión de perspectiva de xénero nos traballos de fin de grao e de fin de máster da Universidade de Vigo. Así, o acto celebrarase o vindeiro 12 de xuño nos xardíns do Pazo de Gandarón, sede da Misión Biolóxica de Galicia. “Un ano máis non só apostamos pola igualdade e pola perspectiva de xénero, senón que tamén aproveitamos para poñer en valor un dos pazos máis fermosos da provincia e, dende logo, a relevancia da Misión Biolóxica, que dirixe outra muller: Elena Cartea”.

A presidenta provincial tamén quixo salientar algúns dos aspectos históricos máis relevantes do Pazo de Gandarón que, sendo propiedade da Deputación de Pontevedra, foi cedido á Misión Biolóxica de Galicia, instalada neste enclave dende o ano 1928. Silva recordou que esta edificación foi construída a finais do século XVIII polo Arcebispo Malvar Pinto e que o seu recinto foi rehabilitado entre os anos 2005 e 2009. En canto ao seu xardín, ideado por Jerónimo Malvar Taboada, destacan as coníferas, as palmeiras e as camelias. “De feito, “as flores das Rías Baixas” máis antigas do Pazo remóntase ao último terzo do século XIX”, recordou a presidenta.

Así, os xardíns do Pazo acollerán o acto de entrega dos galardóns Sofía Novoa, que este ano recaen en seis mulleres: Paula González, Laura Cao e Alba Vicente na modalidade de fin de grao; e María Dolores Fernandes, Andrea López e Belén Caeiro na modalidade de fin de máster.

Pazo de Gandarón

Nos arredores de Pontevedra atópase este pazo construído polo arcebispo Malvar a finais do século XVIII. O pazo de Gandarón alberga desde 1928 a sede da Misión Biolóxica de Galicia. Dependente do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). A mediados do século XIX a propiedade foi transmitida a Jerónimo Malvar e Taboada, a quen se lle atribúe a ampliación do edificio e a creación do xardín. Fontes, estanques, un hórreo e unha capela forman parte da identidade deste fermoso lugar que soubo conservar o seu estilo orixinario.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

693FansGóstame
311SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies