Inicio Pontevedra Baixo Miño A VI Edición do Triatlón Concello de Porriño superará os 200 participantes

A VI Edición do Triatlón Concello de Porriño superará os 200 participantes

A VI Edición do Triatlón Concello de Porriño superará os 200 participantesAs estimacións da organización apuntan que a sexta edición do Triatlón Concello de Porriño que se celebrará o vindeiro 8 de xuño, superará os 200 participantes, á día de hoxe en día hai máis de 150 inscripcións feitas.
A rúa Antonio Palacios (diante do Concello) foi o lugar elixido para realizar a presentación, e á que acudiron a alcaldesa Eva García, en representación do Concello de Porriño, no nome do Concello de Tui, polo que transcurre unha parte da proba, Eduardo Freiría, concelleiro de Deportes e tamén asistiron Gonzalo Triunfo, presidente da Federación Galega de Triatlón e Ignacio Tobarra, Comandante de Mariña de Tui, así como mandos da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Porriño que colaboran tamén na seguridade dos participantes e público.
A alcaldesa de Porriño deu as grazas á organización, de xeito moi especial ós voluntarios dos colexios de educación especial Aceesca e As Esclavas e “particulamente ós participantes, polo voso esforzo e sacrificio e pola ambición de mellorar que ó fin e ó cabo, o que se aprende de facer deporte”, manifestou.
 
Pola súa banda o presidente da Federación Galega de Triatlón ponderou que “esta é unha das probas populares considerada entre as mellores, o que supón unn mérito da organización”, sinalou Gonzalo Triunfo.
A inscripción estará aberta ata o 4 de xuño, é dicir, ata catro días antes da proba.
O Triatlón Concello de Porriño tén una sona especial en Galicia polas súas características técnicas e deportivas dado que inclue varias as transicións de Tui, no río Miño, onde a Comandancia de Mariña; na rúa Domingo Bueno en Porriño para deixar a bicis e finalmente na praza do Concello onde tamén rematará a carreira a pé.
O tramo de natación de 750 metros, desenrolase no Miño; o tramo de bici é de 20 kilómetros e rematará na avenida Domingo Bueno e despois o tramo de carreira a pé discurrirá polo centro histórico de Porriño ó longo de 5 kms con meta na rúa Antonio Palacios.

A VI Edición do Triatlón Concello de Porriño superará os 200 participantes
Ana María Gónzalez

Nesta presentación do VI Triatlón Concello de Porriño actuou de madriña a ciclista local Ana María Gónzalez Cuña, actual subcampeona galega de BTT Master 40. Fora invitada polo Concello coa intención de render, na súa persoa, unha homenaxe a todas as mulleres deportistas. Pola mesma razón, este ano, a iconografía do Triatlón baseáse na cor morada.
 
Ana María Gónzalez está nun punto álxido da súa tempada, a piques de competir, de novo, polo título autonómico no Campeonato Galego de BTT Master 40 que se celebrará o vindeiro domingo 2 de xuño en Lalín. Ó mesmo tempo está competindo no circuito de 5 probas da “Taça de Portugal”, onde gañou a celebrada en Estremoz e quedou segunda nas outras dúas. Ana María compite enrolada no equipo madrileño “Mito-X Sauce-Berria” e vén de ser galardoada pola Federación Galega de Ciclismo polo recente subcampeonato de España feminino en BTT XCM Master 40. Ana María animou “a todos e todas cantos o desexen a inscribirse e participar, hai que perderlle o medo e disfrutar dunha proba e das paisaxes polas que transcurre o percorrido”, dixo.

 

O dispositivo de seguridade do Triatlón na parte de Tui estará conformado por:

  • Comandancia Naval del Miño
  • Policía Local de Tui
  • Protección Civil de Tui
  • RMT
  • Club Náutico San Telmo
  • Club Kayak Tudense – Axuda Paramos
  • Club Remo Tui
  • Club Piragüismo Penedo Te Importa
  • Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas
  • Club MTB Aloia
  • Club Ciclista de la Fuente
  • Club Deportivo Ribadelouro
  • CEIP Nº2 de Tui

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

693FansGóstame
311SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies