·Publicidade ·spot_img
InicioVal MiñorBaiona"Os amores non matan". Obradoiro no CPI Cova Terreña de Baiona

“Os amores non matan”. Obradoiro no CPI Cova Terreña de Baiona

Os amores non matan. Obradoiro no CPI Cova Terreña de BaionaO  alumnado do CPI COVA TERREÑA ,que cursa terceiro da ESO, participou no obradoiro “ OS AMORES NON MATAN “ . Trátase dunha acción formativa de prevención da violencia de xénero , onde se revisan os cambios dos vínculos amorosos e a súa transformación en relaciones tóxicas .

Na actividade, organizada pola Concelleria de Igualdade , abordáronse entre outros os seguintes contidos : as relacións  amorosas sas : elementos que as sustentan; as relacións  amorosas tóxicas : dominación, violencia física, psicolóxica os celos; a violencia de xénero .etc.; O obradoiro inclúe outra sesión na que o alumnado será o protagonista, elaborando unha unidade didáctica audiovisual , na que procederá a resumir a formación que recibiron para logo proxectar o resultado noutras aulas.

Este obradoiro impartirase tamén no IES Primeiro de Marzo o 25 de Novembro . A actividade está subvencionada cos fondos recibidos polo Pacto de Estado . A Concelleira de Igualdade, Yasmina Moreira Costas, destaca que “ a xuventude constitúe un grupo especialmente sensible á violencia de xénero, polo que é necesario que identifiquen e rexeiten conductas sexistas que as veces se toleran ou xustifican,; estas accións son necesarias para dotar a xuventude de ferramentas para que establezan as relacións que realmente queren, e o ámbito educativo é un ámbito privilexiado para achegarnos a este colectivo”

- Publicidade -spot_img

Publicidade
Publicidade