·Publicidade ·spot_img
InicioVal MiñorGondomarMáis de 30 voluntarios e voluntarias plantan 300 árbores autóctonas en Gondomar

Máis de 30 voluntarios e voluntarias plantan 300 árbores autóctonas en Gondomar

Máis de 30 voluntarios e voluntarias plantan 300 árbores autóctonas en GondomarOs traballos de reforestación realizáronse en colaboración co Grupo Naturalista Hábitat e a Comunidade de Montes de Couso

O programa de voluntariado ambiental de Afundación e ABANCA «Traballando pola mellora do patrimonio natural» congregou esta mañá, desde as 10.00 h e ata as 14.00 h, máis de 30 voluntarias e voluntarios de Afundación e ABANCA para realizar labores de reforestación en Gondomar.

Esta actividade de voluntariado enmárcase no programa «Traballando pola mellora do patrimonio natural»

Na actividade desta mañá plantáronse 300 árbores que contribuirán a mellorar a situación actual deste espazo natural. Para esta acción, organizada en colaboración co Grupo Naturalista Hábitat e a Comunidade de Montes de Couso, seleccionáronse exemplares de especies autóctonas: Corylus avellana, Betula alba, Quercus robur, Quercus suber, Castanea sativa, Prunus avium, Crataegus monogyna, Prunus spinosa e Pyrus sp (abeleira, bidueiro, carballo, sobreira, castiñeiro, estripeiro, abruñeiro e pereira silvestre).

Máis de 30 voluntarios e voluntarias plantan 300 árbores autóctonas en Gondomar

Coas iniciativas de voluntariado no ámbito do medio ambiente, ambas as entidades queren conseguir un impacto directo en catro Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS): ODS 10 «Redución das desigualdades», ODS 13 «Acción polo clima», ODS 14 «Vida submarina» e ODS 15 «Vida de ecosistemas terrestres».

- Publicidade -spot_img

Publicidade
Publicidade