spot_img
InicioVal MiñorBaionaOs alcaldes do Val Miñor respaldan o novo proxecto de levar as...

Os alcaldes do Val Miñor respaldan o novo proxecto de levar as dotacións xudiciais ao antigo Hospital Xeral de Vigo

os-alcaldes-do-val-minor-respaldan-o-novo-proxecto-de-levar-as-dotacions-xudiciais-ao-antigo-hospital-xeral-de-vigo

O alcalde de Vigo mantivo este luns sendas reunións co presidente da Cámara de Comercio, José García Costas, e cos seus homólogos e Nigrán, Baiona e Gondomar para estudar o novo proxecto de levar as dotacións xudiciais ao antigo Hospital Xeral e conformar no entorno da rúa Lalín un ámbito sociocultural cunha biblioteca.

Caballero recibiu este luns o respaldo dos rexedores de Nigrán, Baiona e Gondomar (municipios do partido xudicial de Vigo) e do presidente da Cámara de Comercio á demanda de asegurar o traslado das dotacións xudiciais ao antigo hospital Xeral a través dun convenio entre as administracións que elimine incertezas.

“Temos un acordo total”, asegurou Abel Caballero sobre a posición dos alcaldes e do presidente da Cámara. O rexedor vigués enfatizou o consenso existente na necesidade de asinar un convenio entre o Estado, a Xunta e o Concello que o asegure ante a “incerteza política” actual, pois este ano haberá eleccións en Galicia e existe a posibilidade dunha repetición das xerais este verán.

O convenio entre as tres partes implicadas, segundo explicou o alcalde vigués, permitiría garantir o traslado a través da cesión de balde do inmoble por parte do Estado, o compromiso de reformas e investimento da Xunta de Galicia e do transporte, estacionamentos e desenvolvemento urbanístico a cargo do Concello de Vigo.

Foto// Concello de Vigo

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.