spot_img
InicioO MorrazoCangas do MorrazoO Concello de Cangas destinará 14.000 euros para a XXXIII Mostra Internacional...

O Concello de Cangas destinará 14.000 euros para a XXXIII Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas

A Deputación agarda bater récords de participación na última carreira do Tour Running Rías Baixas, que se disputará en Cangas
O alcalde de Cangas, Xosé M. Pazos, e a presidenta da Asociación Cultural Xiria, asinaban a pasada semana o convenio de colaboración para desenvolver a XXXIII Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas co obxectivo de cooperar entre ambas entidades para favorecer a divulgación e fomento das actividades teatrais entre os cangueses.
A Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas nace no ano 1984 e convértese ao longo deste anos no festival teatral máis antigo e un dos máis prestixiosos entre os que se celebran en Galicia.
A vila de Cangas será un referente teatral entre o 1 e 10 de xullo de 2016, datas nas que se organizará este ano o evento. A través deste convenio o Concello de Cangas comprométese a destinar a cantidade de 14.000 euros.
Asociación Cultural XIRIA
Esta asociación organiza o evento dende a súa creación no ano 1984. É unha
asociación sen ánimo de lucro, encargada de organizar e xestionar diferentes
proxectos en prol da recuperación, defensa e promoción do patrimonio cultural de
Galicia, centrando a súa actividade no cine e moi especialmente nas artes escénicas.
- Publicidade -spot_img