spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán presenta un programa pioneiro no municipio que ofrece alternativas socioculturais á...

Nigrán presenta un programa pioneiro no municipio que ofrece alternativas socioculturais á mocidade

nigran-presenta-un-programa-pioneiro-no-municipio-que-ofrece-alternativas-socioculturais-a-mocidade

O alcalde de Nigrán, Juan González, a concelleira de Xuventude, Ana Pérez, e a directora do CIM, Yolanda Cobo, presentaron esta mañá “Nigrán XOVE”, un programa pioneiro no municipio que ofrece alternativas socioculturais á mocidade. Trátase de seis obradoiros de carácter gratuíto, financiados integramente con fondos propios do Concello, nos que poderán participar ata 120 rapazas e rapaces da localidade, con idades comprendidas entre os 14 e  os 30 anos.

Os talleres, de tres horas de duración, levaranse a cabo os venres e sábados, do 15 de abril ao 20 de maio, no edificio da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), situado en Panxón, e abordarán gancho e calceta, iniciación ao rap, breakdance, personalización de prendas, mecánica básica da bicicleta e encadernación ecolóxica.

“É unha experiencia iniciática orientada ás persoas máis novas de Nigrán, que ata o de agora carecían deste tipo de opcións de ocio no municipio. A idea é avaliar como funciona para adoptar unha programación máis estable no futuro”, sinalou o alcalde de Nigrán, Juan González.

nigran-presenta-un-programa-pioneiro-no-municipio-que-ofrece-alternativas-socioculturais-a-mocidadeAs inscricións deben realizarse a través dun formulario web, achegando unha copia do DNI. A selección das persoas solicitantes farase por orde de inscrición dando prioridade aos empadroados no Concello de Nigrán. Cada mozo poderá inscribirse nun máximo de tres obradoiros, por orde de preferencia, podendo ser admitido polo menos nun deles. Así mesmo, poderán realizar un segundo ou terceiro curso sen prexuízo daqueles que non participaron en ningún e por estrita orde de solicitude.

O período de inscrición está aberto ata cubrir as prazas. As persoas interesadas poden obter máis información na OMIX de Nigrán (Estrada  pola vía, 65), no teléfono 986 383 081 ou no correo electrónico: omixnigran@nigran.org.

- Publicidade -spot_img