A Lonxa de Cesantes foi o lugar elixido polos organizadores, para a presentación das Xornadas Gastronómicas Choco de Redondela 2021 que desenvolveranse do 7 ao 16 de maio.
O acto reuniu hoxe no porto de Cesantes a representantes do Concello, Cofradía de Pescadores, da Asociación da Hostalaría Rías Baixas, dos establecementos participantes e dos que foron os “fundadores” da idea, alá polos anos oitenta. Con estas Xornadas os organizadores buscan no só que sexa un escaparate do producto, senón tamén ser un elemento que contribúa á dinamización do sector hosteleiro e o traballo das xentes do mar.
En palabras da alcaldesa Digna Rivas, “esta iniciativa non pretende sustituir a Festa do Choco, pero si busca poñer en valor o noso producto estrela ante a imposibilidade, por mor das restricións sanitarias dadas pola pandemia, de celbrar a antedita festa sen desvirtuar a súa propia esencia de festa colectiva e de participación multitudinaria”.

SHOWCOOKING
Tres días para desfrutar de cociña en directo, onde personxes senlleiras de Redondela elaborarán distintos pratos nos que o ingrediente principal será o choco de Redondela.
VENRES 7 a partir das 18,00h
SÁBADO 8 e DOMINGO 9 a partir das 11,00h
O evento será retransmitido polas redes sociais do Concello.
ACTUACIÓNS MUSICAIS
SÁBADO 8 – 12,30H: Concerto na Praza de Santiago de DIRTY LOVERS
DOMINGO 9 – 12,30H: Concerto na Praza de Ponteareas de 33 RPM
SÁBADO 15 – 12,30H: Concerto na Praza Alejandro Otero de RAÚL & CÍA
DOMINGO 16 – 12,30H: Concerto na Rúa Pai Crespo de LA PATRULLA






