spot_img
InicioBaixo MiñoSilencio, rodamos!. Tui escenario da gravación da serie “Un Asunto Privado”

Silencio, rodamos!. Tui escenario da gravación da serie “Un Asunto Privado”

Silencio, rodamos!. Tui escenario da gravación da serie “Un Asunto Privado”Un centenar de técnicos e 60 figurantes traballan estes días no centro urbano nas distintas escenas

As rúas de Tui xunto a edificios coma os antigos xulgados na Praza da Inmaculada ou o Seminario Menor, están sendo dende onte luns o escenario da gravación da serie “Un Asunto Privado” de Bambú Produccións, dirixida por David Pinillos e María Ripoll e creada por Teresa Fernández-Valdés, Ramón Campos e Gema R. Neira.

Drama, romance, acción e comedia mestúranse nos 8 capítulos que conforman “Un Asunto Privado”.  A serie está protagonizada por Marina Quiroga, unha muller de alta sociedade que se dispón a atrapar a un asasino en serie coa axuda do seu mordomo Héctor. Demostra o seu talento e loita contra os estereotipos para converterse nunha muller detective nun mundo de homes.

Silencio, rodamos!. Tui escenario da gravación da serie “Un Asunto Privado”

En Tui estánse a rodar escenas tanto dos anos 20 coma dos anos 40 o que supuxo algúns cambios en lugares coma o Paseo da Corredoira, onde hoxe se roda os exteriores, sen terrazas e con parte do mobiliario urbano retirado.  Así grazas á rodaxe hoxe puideron verse no Paseo da Corredoira dende coches de cabalos e clásicos dos anos 40.

Xa dende a semana pasada, cando comezaron os preparativos da rodaxe, na zona do Paseo da Corredoira vese o gran despregue que implica a gravación no que participan un centenar de técnicos e 60 figurantes.  Entre os actores que están gravando as escenas estes días en Tui están Tito Valverde, Aura Garrido, ou Pablo Molinero.

A serie será emitida en Amazon Prime Video en máis de 240 países.

Dende o Concello de Tui valórase positivamente que a produtora Bambú teña elixido Tui coma un dos lugares para a gravación das escenas, xa que isto repercutirá positivamente na imaxe turística de Tui, dándoa a coñecer a nivel internacional.

Silencio, rodamos!. Tui escenario da gravación da serie “Un Asunto Privado”

- Publicidade -spot_img