·Publicidade ·spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaOnce establecementos de Redondela participan nas Xornadas Gastronomicas Choco 2021

Once establecementos de Redondela participan nas Xornadas Gastronomicas Choco 2021

Once establecementos de Redondela participan nas Xornadas Gastronómicas Choco 2021A Lonxa de Cesantes foi o lugar elixido polos organizadores, para a presentación das Xornadas Gastronómicas Choco de Redondela 2021 que desenvolveranse do 7 ao 16 de maio.

O acto reuniu hoxe no porto de Cesantes a representantes do Concello, Cofradía de Pescadores, da Asociación da Hostalaría Rías Baixas, dos establecementos participantes e dos que foron os “fundadores” da idea, alá polos anos oitenta. Con estas Xornadas os organizadores buscan no só que sexa un escaparate do producto, senón tamén ser un elemento que contribúa á dinamización do sector hosteleiro e o traballo das xentes do mar.

Once establecementos de Redondela participan nas Xornadas Gastronómicas Choco 2021

En palabras da alcaldesa Digna Rivas, “esta iniciativa non pretende sustituir a Festa do Choco, pero si busca poñer en valor o noso producto estrela ante a imposibilidade, por mor das restricións sanitarias dadas pola pandemia, de celbrar a antedita festa sen desvirtuar a súa propia esencia de festa colectiva e de participación multitudinaria”.

Once establecementos de Redondela participan nas Xornadas Gastronómicas Choco 2021
A Alcaldesa cos “fundadores”

SHOWCOOKING

Tres días para desfrutar de cociña en directo, onde personxes senlleiras de Redondela elaborarán distintos pratos nos que o ingrediente principal será o choco de Redondela.

VENRES 7 a partir das 18,00h

SÁBADO 8 e DOMINGO 9 a partir das 11,00h

O evento será retransmitido polas redes sociais do Concello.

Once establecementos de Redondela participan nas Xornadas Gastronomicas Choco 2021

ACTUACIÓNS MUSICAIS

SÁBADO 8 – 12,30H: Concerto na Praza de Santiago de DIRTY LOVERS

DOMINGO 9 – 12,30H: Concerto na Praza de Ponteareas de 33 RPM

SÁBADO 15 – 12,30H: Concerto na Praza Alejandro Otero de RAÚL & CÍA

DOMINGO 16 – 12,30H: Concerto na Rúa Pai Crespo de LA PATRULLA

Once establecementos de Redondela participan nas Xornadas Gastronomicas Choco 2021

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies