·Publicidade ·spot_img
InicioO MorrazoCangas do MorrazoMaría Soliña, ópera nun acto

María Soliña, ópera nun acto

María Soliña, ópera nun actoBasada nos textos orixinais do que foi alcalde de Cangas e tamén dramaturgo, Xosé Manuel Pazos, o pasado venres o Salón de Plenos do Concello de Cangas acolleu a presentación para os medios de “María Soliña, ópera nun acto”. 

O acto contou coa presenza da concelleira Aurora Prieto; do músico e compositor da obra, Nacho Maña; José Bustamante, responsable do libreto; da soprano Carmen Durán e do director  Sigfrid Monleón.

A idea inicial era facer só unha función o día 8, pero a gran acollida fixo que a promotora, a asociación cultural O Muiño da Coutada, decidise ampliala ao día seguinte

Na súa intervención, a concelleira de Cultura, Aurora Prieto, destacou o “orgullo que ten para min que se estree aquí esta obra tan vinculada a historia de Cangas” e sobre o autor dos textos, explicou como “Xosé Manuel Pazos viviu rodeado de mulleres de armar tomar. María Soliño foi unha máis, pero que muller”. Lembrou como “o integrismo relixioso afundira todos os progresos do humanismo, no que eran as persoas o centro e a fin das decisións colectivas e persoais. Un pensamento afundido por unha elite que se ensañou particularmente coas mulleres. Unha vez máis”. A Concelleira tamén aludiu ao ano 1617, como referencia histórica para lembrar o ataque á vila de Cangas.”Pero temos en María Soliño, máis alá de calquera efeméride puntual, unha luz que sigue acesa contra o machismo, o integrismo relixioso, o elitismo social, o despotismo. Unha muller de armas tomar, María Soliño. E un home, Xosé Manuel Pazos, que a vén de facer un pouco máis eterna”, subliñou emocionada lembrando ao anterior Alcalde.

“Os textos orixinais, obra do que foi alcalde de Cangas e dramaturgo, Xosé Manuel Pazos, respectáronse case na súa totalidade”

Están previstas dous funcións os días 8 e 9 de maio. As entradas están vendidas desde fai tempo, polo que desde a concellería de Cultura e desde a Asociación Cultural O Muiño da Coutada, encargada de levar adiante esta obra, tomouse a decisión de permitir que todo aquel que estea interesado poida gozar desde a súa casa desta ópera, xa que a representación poderá seguirse paralelamente o día 9 de maio tamén por streaming, a través da canle de youtube María Soliña Ópera e do Facebook  do Concello de Cangas.

María Soliña, ópera nun acto

Pola súa banda o compositor Nacho Maña expresou o seu agrademento polo apoyo recibido para levar adiante este proxecto, de manera especial a Xose Manuel Pazos. “O obxectivo  deste proxecto – explica Maña – é poñer en valor o patrimonio histórico e cultural de Galicia e especialmente de Cangas e O Morrazo, para iso tomamos como referencia a historia de María Soliña, inspirada na representación teatral dá obra “A defensa dá Vila” de Xosé Manuel Pazos, maxistralmente interpretada pola compañía teatral Ningures, que puiden ver en directo en 2017. Partindo desta historia buscamos unha nova interpretación, a través dun xénero novo, a ópera folk galega e afusión de estilos”, destacou o compositor.

25 serán as persoas que darán vida a “María Soliña, Ópera nun acto” e que estará interpretada pola soprano Carmen Durán. A parte musical correrá a cargo da Orquestra Sinfónica Vigo 430

Entre las 25 personas forman parte del elenco que dará vida a esta historia “mitad tragedia griega”, como decía Bustamante, nos encontraremos con un elenco de grandísima trayectoria internacional, como la protagonista, la soprano Carmen Durán, os músicos Anxo Pintos (Berrugueto) e o gaiteiro Anxo Lorenzo, alumnas da escola de Teatro de Cangas y la participación de la Orquesta 430.

Como exporse esta historia tan coñecida dunha forma nova?” Con esta pregunta que se fai a se mesmo, o director da obra explícanolo. “Esta ópera folk , como a cualifica Nacho Maña, situámola entre a historia e a beleza cunha linguaxe musical contemporánea. A idea da que partimos foi pensar que o espectador asista a un ensaio xeral coma se da historia nacese por primeira vez a lenda, e que o espectador a puidese ver coma se fose a primeira vez, por que se está facendo nese mesmo momento”

CARMEN DURÁN, soprano

María Soliña, ópera nun acto
Carmen Durán

Nada en Vigo, pertence a unha familia dedicada á música, empezando polo seu pai, barítono de éxito en numerosas producións de zarzuela, ademais do seu irmán Juan Durán, compositor recoñecido e premiado numerosas veces ao longo da súa carreira. Empeza a súa formación como cantante a temperá idade, primeiro na Coruña e despois na Escola Superior de Canto de Madrid. Alí inicia a súa actividade operística debutando co papel de Dorabella no “Cosín fan tutte” de Mozart, xunto a unha intensa actividade concertística como solista do Coro Nacional. Prosegue os seus estudos en Milán, no Centro dei Perfezionamento per artisti lirici do Teatro alla Scala e participa en numerosas producións xunto a personalidades importantes do mundo artístico

Carmen Durán e María Soliña, como empezou todo? “Chegamos aquí, encántonos e cando vin o potencial que había aquí de músicos, etc., decidimos quedarnos. O de Nacho foi casualidade, enseguida díxenlle que contase comigo. Isto é para facer unha película, como xurdiu isto, non cho podes imaxinar.”

“Isto que imos ver é o traballo de dous anos, tremendo traballo de 2 anos. Isto non se está facendo por diñeiro, subliña. Como xa dixen nunha entrevista que me fixeron recentemente “somos unha cuadrilla de tolos” “Uns sen cobrar e outros moi por baixo do caché”.

Á pregunta de por que tanto esforzo para unha soa representación – que era o previsto inicialmente – Carmen Durán responde que “cando estreei “O Arame*” tamén fixemos unha”. Neste caso explica que a idea é que haxa continuidade, a próxima localidade podería ser Barcelona.

“Por primeira vez participei no proceso de deseño do meu personaxe e nisto axudoume  moito a persoa que se encargou do meu vestiario”

Con que dificultades atopouse á hora de actuar fóra dos escenarios habituais de ópera?  “É cuestión de coñecer o auditorio e sacarlle as mellores posibilidades, estou afeita cantar en sitios novos que visito por primeira vez, e logo é tamén é cuestión de adaptar a técnica e sonoridad do personaxe á acústica dispoñible, por suposto que non vou ter a acústica que tiña na Scala, pero síntome ben aquí no auditorio, non é só cuestión de acústica, e tamén  o ambiente é un aspecto importante, iso inflúe moito na atmosfera e tanto a miña libretista, Bustamante, como o meu compositor Nacho, como o meu ” regista”estanmo poñendo moi fácil.”

O ARAME*

O arame é unha ópera de cámara nun acto con música de Juan Durán sobre un libreto en galego de Manuel Lourenzo, procedente do texto do propio Lourenzo Camiñar polo arame cunha lata de cervexa.

https://www.youtube.com/watch?v=ytZPe-dNsvI

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies