spot_img
InicioBaixo MiñoOficina COVID. Ponse en marcha en Tui un servizo de información e...

Oficina COVID. Ponse en marcha en Tui un servizo de información e asesoramento para PEMES, autónomos e persoas traballadoras

Oficina COVID. Ponse en marcha en Tui un servizo de información e asesoramento para PEMES, autónomos e persoas traballadorasHoxe ponse en marcha na web municipal a Oficina COVID cun servizo de información e asesoramento para PEMES, autónomos e persoas traballadoras 

O Concello de Tui pon en marcha no día de hoxe a Oficina COVID a través da web municipal tui.gal. Trátase dun servizo específico de información e consultas relacionado coa actual situación derivada do estado de alarma polo COVID-19 dirixido a PEMES, autónomos e persoas traballadoras. Esta é unha medida acordada por unanimidade polos grupos municipais da corporación tudense.

Pódese acceder á oficina a través dos enlaces en tui.gal ou directamente no enderezo oficinacovid.tui.gal.  Na web ofrécese información sobre axudas e subvencións, guías e recursos, normativa, información oficial, e preguntas frecuentes. Na páxina principal está  accesible un formulario para realizar as consultas. Tamén se pode contactar a través do teléfono 664 552 493 e do correo infocovid@tui.gal.

As consultas poden realizarse tamén a través dun teléfono e un correo electrónico

Expertos en distintos ámbitos resolverán as dúbidas e responderán ás consultas sobre axudas de carácter fiscal, laboral e económico.

No apartado “Axudas e subvencións” recóllese información para PEME, autónomos e persoas traballadoras coma os préstamos avalados, as moratorias no pago de alugueres comerciais, impostos, cotizacións á Seguridade Social, a interrupción dos prazos para a devolución dos produtos, ou a ampliación de prazos administrativos entre outros.

Recursos formativos, guías de boas prácticas e de recomendacións para o desenvolvemento da actividade comercial remota están accesibles no apartado “Guías e recursos”.

En “Normativa” recompílanse as medidas posta en marcha polo goberno central e o goberno autonómico para paliar os efectos da actual crise sanitaria e económica no tecido empresarial local.

Mentres en Información Oficial accédese a toda a información e novas xeradas no Concello dende a declaración do estado de alarma o pasado 14 de marzo.

Por último no apartado preguntas frecuentes iranse incorporando as cuestións que a cidadanía vaia plantexando ao servizo de asesoramento e que poidan resultar de interese para outras persoas ou entidades con problemática similares.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.