Inicio Baixo Miño A Guarda A Guarda eliminará a taxa de terrazas para o 2020

A Guarda eliminará a taxa de terrazas para o 2020

A Guarda eliminará a taxa de terrazas para o 2020Dentro das medidas de reactivación económica o concello da Guarda modificará a ordenanza de terrazas para eliminar a taxa para o ano 2020

Este xoves celebrouse unha reunión de portavoces dos grupos municipais no Salón de Plenos municipal, nesta reunión o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, trasladou aos portavoces as medidas que se están adoptando no marco da situación de alerta sanitaria creada polo COVID 2019.

Así, o alcalde informou de que o concello suma, ás medidas adoptadas con anterioridade fronte ao coronavirus, a de  por  a disposición dos veciños da localidade mascarillas infantís que se poden recoller na oficina de Turismo. Tamén se informou das medidas adoptadas en relación coa apertura de espazos públicos, castelo de Santa Cruz e as praias para que poidan ser utilizados pola veciñanza, e do protocolo e documento técnico que se está elaborando para ir preparando a apertura dos servizos públicos.

O alcalde tamén informou da convocatoria dun pleno extraordinario para a aprobación da eliminación da taxa de terrazas para este ano 2020, medida que xa dera a coñecer aos portavoces en anteriores reunións.  Dende o executivo municipal enténdese que esta é unha medida que se vai aplicar cando os bares, cafeterías e restaurantes poidan instalar terrazas, é dicir, a partir da fase 1 da desescalada.

Esta é unha das decisións que forman parte do terceiro paquete de medidas económicas que se están adoptando dende o goberno municipal, unha vez contan cos informes pertinentes. A segunda das medidas é un expediente de recoñecemento para o pago de facturas, co obxectivo de trasladar liquidez ás empresas que prestan servizos ao concello da Guarda. Dende o inicio do Estado de Alarma unha das principais preocupacións foi a de reducir ao máximo posible o período de pagamento de facturas, e trasladarlle ás empresas e autónomos o máximo de liquidez nestes momentos tan complicados.

O concello da Guarda apoiará con  140.860€ ás asociacións sociais, culturais e deportivas.

A terceira das medidas, a de maior cuantía económica, é a que ten relación coas asociacións sociais, culturais e deportivas da localidade. Debido as dificultades que estamos atravesando pola situación  xerada polo coronavirus,  situación que tamén está afectando  ás diferentes asociacións, pola paralización total  ou parcial da súa actividade,  o concello quere trasladarlles tranquilidade e a colaboración, aínda se cabe  máis estreita, para sacar adiante  os proxectos que sexan viables neste ano.  Así, o concello  pon a disposición  das asociacións guardesas   140.860 €.   Cada asociación  disporá da mesma subvención que no ano 2019. Esta medida require aprobación plenaria, polo que será no Pleno do mes de maio cando queden definitivamente aprobadas.

O concello da Guarda está  preparando o seguinte paquete de medidas  que inclúen unha serie de actuacións  en relación cun programa de dinamización turística e comercial, este novo paquete e medidas será anunciado nos próximos días.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies