spot_img
InicioVal MiñorGondomarCancelada a convocatoria do Premio Victoriano Taibo 2020

Cancelada a convocatoria do Premio Victoriano Taibo 2020

o-concello-de-gondomar-e-o-iem-convocan-o-x-premio-de-poesia-victoriano-taibO concello de Gondomar e o Instituto de Estudos Miñoráns, entidades que anualmente convocan o Premio de Poesía Victoriano Taibo, ante a situación que estamos pasando polo confinamento e a imposibilidade de celebrar actos públicos, decidiron suspender a convocatoria do premio de poesía deste ano.

Lamentando moito as circunstancias que obrigan a tomar esta decisión, consideran que sería moi difícil poder facer a convocatoria sen ter a seguridade de que se poidan levar a cabo tódalas  fases da convocatoria,  que sempre culmina co acto público de entrega do premio e a presentación pública da obra premiada e a homenaxe a Victoriano Taibo, coa presenza dos seus familiares.

O IEM ante estes feitos está preparando outro tipo de acto que lembre ó homenaxeado e manteña viva a súa memoria, agardando que chegado o día a situación social sexa mellor e se poida facer vía dixital unha lembranza cos autores premiados nas XII edicións anteriores.

Os desexos do IEM son de que a nosa veciñanza se recupere deste andazo, que poida gozar da poesía nas súas vidas e recordar  ás nosas xentes que xa sufriron no pasado etapas dolorosas e souberon saír adiante, como Victoriano Taibo e os seus veciños de Morgadáns.

O IEM seguirá a pedir un día das Letras Galegas para Victoriano Taibo, e continuar organizando o premio de poesía que leva o seu nome no ano que ven.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.